Mostrando entradas con la etiqueta Actos públicos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actos públicos. Mostrar todas las entradas

22 mar 2012

CARA A FOLGA XERAL


COMO VEDES O LUNS 26 DE MARZO, ÁS 20,15 HORAS NO LOCAL DA FOGA TEMOS ACTO CONXUNTO CO ENCONTRO IRMANDIÑO SOBRE A REFORMA LABORAL, TEMOS QUE ASISTIR E DIFUNDILO O MAXIMO POSIBLE, SAUDOS.

10 mar 2012

Inaguración do local da F.O.GA en Vigo











Onte, venres 9 de marzo, ás 20 horas, tivo lugar  na cidade de Vigo 8 (Rúa Aguia nº 5), a inaguración oficial do local da organización política Fronte Obreira Galega (F.O.GA.), organización de esquerda e nacionalista, que dende a pluralidade e o obreirismo pretende traballar para mellorar as condicións de vida dos/as traballadores/as galegos e contribuir a transformar a sociedade. A raiz dos cambios que se están a producir no mundo nacionalista galego, pretende tamén xunto con outras organizacións políticas (Encontro Irmandiño, Frente Popular Galega etc...) construir unha plataforma máis ampla e plural na defensa dos intereses do Pais.

Na inaguración asistiron ademais dos afiliados/as do Partido, os escritores Xose Lois Mendez Ferrín (Presidente da Real Academia Galega) e Lois Perez Leira, os anteriores Secretarios Comarcais da CIG de Vigo, Agustín Malvido e Xerardo Abraldes, os representantes de Encontro Irmandiño, Xabier Toba, e Frente Popular Galega, Mariano Abalo, representantes tamén do PCPG, E.N. e Nova Esquerda Socialista , xunto cunha ampla representación de cadros da Central Sindical C.I.G. e da Corrente Sindical Galiza Obreira.

Despois duns petiscos e a actuación do grupo de pandereteiras Barafunda, pechou o acto cunhas breves palabras de benvida o voceiro nacional da FOGA, o seu portavoz Tino Lago.




















22 feb 2012

"II XORNADAS SER LINGUA NON É FÁCIL" con JON IÑARRITU, DEPUTADO DE AMAIUR

Queremos Galego Marin, comeza ás "II XORNADAS SER LINGUA NON É FÁCIL" con JON IÑARRITU, DEPUTADO DE AMAIUR nas cortes españolas, falará da situación lingüística en Eukal Herria. Será na Biblioteca Municipal Vidal Pazos, este venres 24/02 ás 20h30.

9 feb 2012

Nova sede da F.O.GA

 Enchenos de ledicia compartir a nova local da F.O.GA con todos/as os que queirades pasar por el.

A inauguración faraxe de xeito case inmediato en canto se rematen unhas pinceladas.

O local está na rúa Aguia 5. Vigo

Agardamos que o disfrutedes.

Sau2


2 feb 2012

acto do 50 aniversario da 2ª Declaración da Habana

En 1962 co obxectivo de aillar a Cuba, aprobouse na Oitava Reunión de Consulta de Cancilleres da OEA, celebrada en Uruguay, a exclusión de Cuba da OEA co argumento de que o socialismo era incompatíbel co sistema americano.
O 4 de febreiro de 1962 como resposta a esta decisión da OEA, ás presións de EEUU e a unha campaña internacional en contra de Cuba, Fidel Castro pronunciou un discurso histórico diante de máis dun millón de persoas reunidas na Praza da Revolución da Habana. Neste discurso coñecido como a 2ª Declaración da Habana, o lider revolucionario, reafírmase no dereito dos pobos de América Latina á soberanía e á independencia contra o imperio estadounidense.
50 anos após este histórico discurso, de rabiosa actualidade nestes momentos de crise do modelo capitalista e perda de soberanía dos pobos, Cuba segue erguendo a bandeira da dignidade e a xustiza social que representan os valores do socialismo e segue a ser un exemplo, malia a campaña de intoxicación mediática, de independencia e soberania para todos os pobos do mundo.
Este sábado 4 de febreiro cúmprense 50 anos deste feito histórico e con tal motivo as organizacións Colectivo Nacionalista de Marín, Partido Comunista do Povo Galego, Fronte Obreira Galega, Frente Popular Galega e a Asociación de amizade Galiza con Cuba Francisco Villamil celebrarán un acto de conmemoración en Marín.
No acto, que terá lugar na biblioteca municipal de Marín a partir das 19h, participarán e falarán o Cónsul Xeral de Cuba en Galiza, Alejandro Fuentes, e os xornalistas Gustavo Luca de Tena e Xurxo Rodríguez.

19 jul 2011

Trece organizacións nacionais chaman a participar na manifestación de Causa Galiza, entre elas a F.O.GA


Representantes de trece organizacións soberanistas xuntáronse esta mañá na Praza de San Martiño Pinario da capital galega para mostrar o seu apoio á manifestación convocada por Causa Galiza para este 25 de xullo, que sairá ás 12:30 da Alameda de Compostela. As entidades, asinantes do Acordo Democrático Nacional (ADN) presentado o pasado 18 de decembro en Pontevedra, destacaron nun manifesto a necesidade de “construír un proceso de acumulación de forzas políticas, sindicais e sociais nacionalistas”, algo “imprescindíbel” no actual contexto de crise.
Membros de Adiante, Assembleia da Mocidade Independentista, Ateneu Proletário Galego, Ceivar, Colectivo Nacionalista de Marín, Central Unitaria de Traballadores/as, Espaço Irmandinho, Frente Popular Galega, Fronte Obreira Galega, Movemento pola Base, Partido Comunista do Povo Galego, Redes Escarlata e Siareir@s Galeg@s reuníronse hoxe na compostelana Praza de San Martiño Pinario para facer un chamamento a participar das actividades convocadas por Causa Galiza, por quinto ano consecutivo para este Día da Patria.
Diante do mosteiro que foi o último reduto da Revolución Galega de 1846, Tino Lago, en representación da Fronte Obreira Galega, deu lectura a un manifesto no que os colectivos asistentes se reafirmaron no compromiso de construír un novo escenario político en que o soberanismo galego gañe referencialidade política, introdución social e liderado para condicionar a situación de Galiza. Fronte á vía estatutaria esgotada, as organizacións soberanistas e independentistas avogaron por “unha estratexia ruturista que faga frente con decisión e claridade á España e ao dominio do Capital”.
En consecuencia coa estratexia “de quen asumimos que a rutura co cadro constitucional español é condición imprescindíbel para un futuro de democracia e liberdade”, os asinantes do ADN fixeron un chamamento á sociedade galega “para participar masiva e activamente” na manifestación convocada por Causa Galiza para este 25 de xullo ás 12:30 na Alameda de Compostela.

15 dic 2010

O F.O.GA presente no manifesto pola liberdade de Otegi

Beiras e Ferrín, acompañados polo exdiputado europeo Camilo Nogueira e a avogada vasca Doris Benegas, presentaron un manifesto a favor da liberdade de Otegi na galeria Sargadelos de Vigo, no que apoian postulados como o que segue:

O mantemento do Señor Arnaldo Otegi no cárcere supón obxectivamente privar ao pobo vasco dun dos seus principais líderes, unha das persoas que máis poden aportar para que o proceso histórico actual avance dun xeito xusto e firme".

Ó acto de apoio á liberdade de Otegi, asistiron diversas organizacións da esquerda e do nacionalismo Galelo, entre elas o F.O.GA.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...