A Federación ten convocada unha xornada nacional de mobilización o 2 de decembro en contra da reforma laboral e a centralización en Madrid da negociación colectiva
A Federación do Metal da CIG ten convocada unha xornada nacional de mobilización de delegados e delegadas para este xoves, 2 de decembro, na cidade de A Coruña, en defensa da negociación dos convenios na Galiza. A manifestación enmárcase na campaña de resposta contra a reforma laboral e a pretendida reforma da negociación colectiva que está desenvolvendo a Confederación Intersindical Galega.
Antes da manifestación, os delegados/as da CIG-Metal participarán nunha asemblea que terá lugar no Centro Cívico de Os Mallos, de onde marcharán, ás 12:00 horas, até as portas da Confederación de Empresarios, baixo o lema “En Galiza, Convenios Galegos”.
Con esta protesta, a Federación do Metal da CIG quere manifestar o rexeitamento á reforma da negociación colectiva anunciada polo goberno e demandada pola gran patronal, que suporá a centralización da negociación dos convenios en Madrid, restando poder de decisión á clase obreira galega. “Queren negociar os convenios a nivel de cúpulas para impedir a participación das traballadoras e traballadores na negociación, non queren ter testemuñas molestas que lle remexan as súas conciencias, porque na CIG estamos convencidos que nestas negociacións se eliminarían dereitos que custaron moitos esforzos acadar”, denuncian.
A CIG-Metal acordou desenvolver esta xornada de mobilización en A Coruña, xa que a negociación do convenio provincial, ao igual que no caso de Lugo, está paralizada dende o pasado mes de xullo. Dende a Federación pediuse á patronal vontade negociadora, posto que durante as reunións da comisión mantívose inmóbil na súa proposta, mesmo logo de que a parte social rebaixara as súa plataformas.
Neste senso, apuntar que a Plataforma presentada pola CIG-Metal para o convenio de A Coruña recolle, entre outras demandas, unha vixencia de dous anos, indemnizacións dos contratos non indefinidos de 20 días por ano traballado, incremento salarial lineal de 560 euros por ano de vixencia, estabelecer un mínimo do 75% dos cadros de persoal fixos nas empresas, reducir a xornada anual até as 1.752 horas, ou regular as gardas e crear complementos específicos para estes servizos.
E moi importante que asistan o maior número de delegados/as posibels, xa que nos xogamos que os convenios se negocien en Madrid cos sindicatos estatais, no lugar de no noso pais.
30 nov 2010
25 nov 2010
PSA.plantea un ERE temporal que afectará a 2.000 personas
A factoria de PSA Vigo anunciou un ere temporal no 2011.
A dirección da planta de PSA-Citroën en Vigo trasladou onte ao comité de empresa, nunha reunión sobre as previsións de produción para o próximo ano, a posibilidade de negociar, en cuestión de semanas, un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) temporal que afectaría á totalidade dos traballadores da Liña 2, algo máis de 2.000 persoas.
Segundo explicaron fontes sindicais, a compañía anunciou onte neste encontro un recorte de produción de 22.000 unidades, que afecta, fundamentalmente á Liña 2, encargada de producir o Citroën C4 Picasso, no que traballan máis de 2.000 persoas.
O portavoz de SIT no comité de empresa, Alberto Priego, explicou , pese á formulación da empresa sobre a necesidade dun ERE temporal, os representantes dos traballadores non aceptaron a posibilidade de aplicar este procedemento sen antes negociar outras posibilidades, polo que a reunión concluíu sen ningún tipo de acordo e pendente dun novo encontro para perfilar alternativas.
Pola súa banda, o representante de UGT no comité de PSA, Rubén Pérez, destacou que en cuestión de semanas a empresa pasou ?de non querer falar de ERE? a presentarse directamente anunciando un. Do mesmo xeito que o seu compañeiro de SIT, Pérez apostou por esgotar todas as vías de axuste antes que aprobar un expediente.
XUBILACIÓN PARCIAL
Unha destas posibilidades sería a entrada en vigor de xubilacións parciais, un compromiso acordado en maio entre empresa e traballadores para o próximo 2011. Segundo explicou Pérez este método consistiría en promover a xubilación dos traballadores a partir de 61 anos e cubrir os seus postos de traballo con empregados temporais, de forma que lle aliviaría a carga para a empresa pero non se destruiría emprego.
Estamos a espera das declaracións do coordinador do automobil por parte da CIG, Henrique Perez, que a noso parecer serán nunha liña moi diferente a dos seus compañeiros do comité.
Vamos a trocar postos fijos por temporais?, estamos ante unha nova estratexia de PSA para recibir axudas do goberno?, e real a baixada da producción?

As compañeiras da limpeza dos colexios públicos de Vigo cumpren hoxe o seu noveno día de FOLGA
Noveno dia de folga e concentración diante do concello de Vigo polo pulso que lle está a botar devandito concello na procura dos seus dereitos e reivindicacións, as reivindicacións mais importantes son:
- Non se cumpren as horas de traballo contratadas polo Concello, que é coñecedor e consentidor da situación, dado que o Comité, en moitas ocasións lles deu traslado desta situación e fixeron caso omiso.
- Fixéronse contratos fixos descontinuos no mes de xuño, ao remate do curso 2009-2010, sen ter coñecemento o Comité e cando xa estaba publicado o concurso público de adquisición de servizo. Pasando por alto os acordos de Comité e empresa en canto a contratación indefinida por orde de antigüidade.
- Deses contratos, a maioría fixéronse por 10 horas a semana, e con horarios de 8 a 10 da noite. Os contratos con menos de 10 horas non teñen dereito a prestación por desemprego, este sector non ten traballo nin en xullo nin agosto, polo que, neses meses non terían ingresos. Os horarios de 8 a 10 da noite so fan prexudicar mais a conciliación da vida laboral e familiar, dado que somos case todas mulleres.
- As traballadoras so poden traballar catro horas ao día, dado que o Concello ten prohibido a entrada aos colexios antes das 6 da tarde, conseguindo con esto, que as traballadoras, cheguen a xubilación cunha pensión irrisoria, por non ter opción a maior cotización, e lles están impedindo repartir as horas das compañeiras que se van xubilando en cada colexio.
- Contratan a cinco homes a xornada completa para facer funcións de cristalerios, sen darnos opción as mulleres para ocupar eses postos e poder gozar de mais xornada.
As compañeiras nos están dando un exemplo de dignidade e de lealdade, merecen todo o apoio posible, por eso pedimosvos a vosa axuda e participación

17 nov 2010
Queremos Sanidade Pública de calidade
Manifestación en Compostela o 21 de Novembro convocada por SOS Sanidade contra a privatización da sanidade pública.
Mobilízate para a mellora da sanidade, gañamos todos.

O F.O.GA condena o xenocidio e se solidariza co pobo sahariano
Dende o F.O.GA queremos condenar a barbarie que están a sufrir os saharauis no campamento de Agadym Iciq perto do El Aaiún por parte do exercito de Marrocos.
Condenamos :
As accións terroristas levadas a cabo polo reino de Marrocos para que os saharauis non reivindiquen os seus dereitos.
Á postura do goberno do estado Español, sería desexable que dunha vez por todas recoñecese á República Saharauí como así o fixeron máis de 80 países. E a nivel moral, ten que resarcir ao pobo saharauí por todo o que dunha forma indirecta en tempos do franquismo cometeuse cara a devandito pobo.
Condenamos :
As accións terroristas levadas a cabo polo reino de Marrocos para que os saharauis non reivindiquen os seus dereitos.
O F.O.GA apoia as mobilizacións do 18 de novembro contra as reformas do capital
O FOGA apoia as mobilizaciós convocadas pola CIG o 18 de Novembro en todas as cidades do país, e fai un chamamento a todos os/as afiliados/as e simpatizantes a reivindicar un modelo socio-económico mais xusto.
Os que queirades podedes manifestarvos nas cidades seguintes:

Compostela: 20:00 h da Praza Roxa
Ferrol: 20:00 h da Esteiro Ave (by means do local association)
Lugo: 20:30 h da Ronda da Muralla (by means do local association)
Ourense: 20:00 h do Pavillón dos Remedios
Pontevedra: 20:00 h da da Ferrería Praza
Vigo: 20:00 h da Via Norte
Vilagarcía: 20:00 h da Casa do Mar
5 nov 2010
Queres Afiliarte a F.O.GA ?
Baixa dende o seguinte enlace a folla de afiliación. A podedes encher e reenviar o correo: fronteobreiragalega@gmail.com
http://www.fileden.com/files/2010/11/5/3008954//folla%20FOGA%20afiliacion.pdf
Aquí tendes outro enlace para poder cumprimentar a folla dende o computador e con openoffice:
http://www.fileden.com/files/2010/11/5/3008954//folla%20FOGA%20afiliacion.rar

Suscribirse a:
Entradas (Atom)