Noveno dia de folga e concentración diante do concello de Vigo polo pulso que lle está a botar devandito concello na procura dos seus dereitos e reivindicacións, as reivindicacións mais importantes son:
- Non se cumpren as horas de traballo contratadas polo Concello, que é coñecedor e consentidor da situación, dado que o Comité, en moitas ocasións lles deu traslado desta situación e fixeron caso omiso.
- Fixéronse contratos fixos descontinuos no mes de xuño, ao remate do curso 2009-2010, sen ter coñecemento o Comité e cando xa estaba publicado o concurso público de adquisición de servizo. Pasando por alto os acordos de Comité e empresa en canto a contratación indefinida por orde de antigüidade.
- Deses contratos, a maioría fixéronse por 10 horas a semana, e con horarios de 8 a 10 da noite. Os contratos con menos de 10 horas non teñen dereito a prestación por desemprego, este sector non ten traballo nin en xullo nin agosto, polo que, neses meses non terían ingresos. Os horarios de 8 a 10 da noite so fan prexudicar mais a conciliación da vida laboral e familiar, dado que somos case todas mulleres.
- As traballadoras so poden traballar catro horas ao día, dado que o Concello ten prohibido a entrada aos colexios antes das 6 da tarde, conseguindo con esto, que as traballadoras, cheguen a xubilación cunha pensión irrisoria, por non ter opción a maior cotización, e lles están impedindo repartir as horas das compañeiras que se van xubilando en cada colexio.
- Contratan a cinco homes a xornada completa para facer funcións de cristalerios, sen darnos opción as mulleres para ocupar eses postos e poder gozar de mais xornada.
As compañeiras nos están dando un exemplo de dignidade e de lealdade, merecen todo o apoio posible, por eso pedimosvos a vosa axuda e participación
No hay comentarios:
Publicar un comentario