Mostrando entradas con la etiqueta publicacions. Mostrar todas las entradas

4 may 2012
25 sept 2011
Cadernos de comunicación
http://www.cadernos.blogaliza.org
http://www.albadegroria.com
OS CADERNOS DA SEMANA
[NOVAS]
Segundo os datos, CADERNOS DE COMUNICACIÓN consolídase como medio de comunicación da diáspora
A Deputación da Coruña axudará á emigración en Brasil, Arxentina e Uruguai con 175.000 euros
O Centro Galego de Montevideo, o máis antigo do mundo, celebrou o seu 132 aniversario
A historia da emigración feminina, tras unha cámara
Nós seremos a nova Xeración da Diáspora", din os máis novos da literatura galega
Cinco artistas galegos ensinan a súa obra nunha mostra colectiva no Centro Galego de Madrid
A Diada máis galega de todas
María José Montero: "O galego é unha realidade no Bierzo, aínda que conteña algunhas variacións"
[ARTIGOS DE OPINIÓN]
EDMUNDO MOURE ROJAS
Discriminacións
A discriminación é a máis variada das negacións humanas. Podes discriminar á nai que te pariu, ao pai que fixo diana no óvulo da túa nai, ao avó que non che deixou herdanza, á avoa que preferiu a un irmán mimoso; é dado discriminar aos irmáns -menores, de preferencia- porque delatábante cando lle beliscabas o cu á Florinda, na despensa da Casa, ou recibían máis sobremesa da tía solterona-; cabe discriminar aos lisiados, aos feos, aos gangosos, aos peruanos, aos asiáticos de ollos rasgados (aos bobos non os discriminan; fano eles mesmos, por propia vontade e ás veces con orgullo), aos homosexuais e ás fillas de Lesbos, aínda que isto último atente contra a política correcta e os abundantes votos da súa cohorte.
Para ler máis, pulsa aquí
__________________________________________________
XOÁN ANTÓN PÉREZ LEMA
Outravolta o imposto do patrimonio
Nunha manifestación máis do seu xorne irreflexivo e pouco dado aos análises e matinacións o Goberno ZP ven de derrogar a exención do 100% que rexía no Imposto sobre o Patrimonio (IP) dende o 2007. Dende 2011 todos os que teñan un patrimonio superior a 700.000 € haberán pagar pola diferenza. Mais os que usen a xeito de vivenda habitual un inmoble da súa propiedade desfrutarán doutros 300.000 € adicionais de exención, manifestando a primeira fonda desigualdade desta reforma normativa: o que viva na casa propia verase beneficiado no canto de quen lle dea pulo ao mercado do alugueiro, arrendando a vivenda propia e vivindo de alugueiro ou na casa dun familiar.
Para ler máis, pulsa aquí
___________________________________________________
MANUEL SUÁREZ SUÁREZ
Galicia, entre Piriápolis e Tacuarembó
A historia da emigración galega ao Río da Prata indica claramente que foi un fenómeno social eminentemente urbano. A maioría dos nosos irmáns botaron raíces e buscaron abeiro nas urbes de Bos Aires e Montevideo. A capital da Banda Oriental do río Uruguai tivo sempre as portas abertas ao esforzo das nobres mans galegas que axiña se acriollaron arredor dun mate quente no fogón de Artigas.
Non hai rúa nin barrio montevideano sen unha familia galega que deixese alí a súa pegada sentimental; pero iso non significa que non houbese emigración máis aló dos lindeiros da cidade-porto que fundou o capitán Zabala o 24 de decembro de 1726.

DAVID ROSAL RIVAS
Fondos europeos, onde?
O 1 de Xaneiro de 1986 producíase a adhesión de España á Unión Europea situándose o conxunto do Estado Español e Galiza en particular como un dos maiores receptores de fondos europeos destinados a acabar cos desequilibrios respecto do conxunto da Unión Europea.
2014 marcará o comezo do fin dás axudas europeas, rematando a condición de Galiza como “Rexión Obxetivo 1” o ter acadado unha renda superior o 75% da media, se ben este “logro” non debe ser entendido como sinal da tarefa ben feita, senón como resultado da ampliación da UE a 25 membros cá nova presenza de 10 socios con baixos niveis de renda.

BOAVENTURA DE SOUSA SANTOS
Carta ás esquerdas
Non poño en dúbida que haxa un futuro para as esquerdas pero o seu futuro non vai ser unha continuación lineal do seu pasado. Establecer o que teñen en común equivale a responder á pregunta: que é a esquerda? A esquerda é un conxunto de posicións políticas que comparten o ideal de que os humanos teñen todos o mesmo valor, e son o valor máis alto. Ese ideal é posto en dúbida cando hai relacións sociais de poder desigual, é dicir, de dominación. Neste caso, algúns individuos ou grupos satisfán algunhas das súas necesidades, transformando outros individuos ou grupos en medios para os seus fins. O capitalismo non é a única fonte de dominación mais é unha fonte importante.

Benvido ao teu fogar, Antón
O noso Batanciño non puido estar na Casa da Cultura de Vimianzo. Quería aplaudir con toda a forza das súas almancas no acto de homenaxe ao seu bo amigo Antón Mouzo Lavandeira. Semella que as novas autoridades municipais non perden o tempo e van pechando as moitas feridas ocasionadas durante a anterior longa etapa de tuzarismo institucionalizado.
O único fillo da familia Batán do Mosquetín quere que o alcalde Antelo Pazos xestione axiña coa Deputación que a nova xestión turístico-cultural para o seu fogar sexa responsabilidade municipal. Agora mesmo non ten un día libre. Cando pediu dúas horas para poder asistir ao acto de homenaxe a Antón, a resposta foi negativa.

Obama ten un plan
Hai poucas semanas, Obama pactou reducións do gasto público coa dereita republicana, mesmo cos extremistas do TeaParty, para evitar o default da Facenda federal USA que esa dereita ameazaba xerar en Washington e que prexudicaría nomeadamente a empregados públicos, pensionistas e usuarios pobres do seguro Medicare.
Das resultas deste pacto, case todo o mundo daba por rematadas as veleidades keynesianas e socialdemocratizantes do primeiro Presidente negro da Unión. E moitos no Partido Demócrata miraban mesmo á Hillary Clinton como alternativa para as eleccións de novembro do 2012,.Mais resultou que Obama segue a ter un plan económico, moito máis preocupado pola reactivación económica e coa creación de emprego do que amosan as políticas de mero control da inflación e consolidación fiscal da Comisión Europea e BCE na Europa.
Para ler máis, pulsa aquí
[CONTACTA CON NÓS!]
infocadernos@gmail.com
albadegroria@gmail.com
Se non queres recibir esta información, fáinolo saber. Perdoen as molestias.

15 jul 2011
O Naval e a TAX LEASE
Por Manolo Canalla.
Ben sexa por un destes peculiares artificios financieiros que vimos descubrindo con asombro nos últimos meses, por unha opción por unha terceira reconversión Naval, ben sexa por unha xestión inadecuada dos recursos, o caso é que temos un problema.Un gran problema. Si se dera o caso de que o Asteleiro Barreras pechara, perto de 10.000 operarios quedarían sin carga de traballo na bisbarra de Vigo, bisbarra que leva sendo precarizada dende hai anos mediante deslocalizacións, subcontratacións de terceiro nivel, ERE's ficticios... que siñifica que 10.000 operarios non so abandoarán o sector produtivo para pasar a unha situación de desemprego en intres nos que o Indice de desemprego é de mais do 20%, 10.000 familias, deixaran de ser parte da cadea económica que supón manter un mercado inmobiliario, o comercio, o lecer... desaparecerán de pronto 10.000 familias de consumidores ... que a tres membros por familia son 30.000 persoas, que é nada menos que o 10% da poboación de esta cidade.
http://www.elmundo.es/elmundo/2011/07/14/galicia/1310646430.html

Parece que de algún xeito, o problema inicial é a desaparición dos incentivos fiscais á "TAX LEASE", que é un xeito peculiar de financiación (algo parecido ó Leasing) que empregase tanto na construcción naval como na aeronautica etc etc.
O caso, o sorprendente, é que salta á vista que esta "Tax Lease" xenera beneficios non só fiscais para os grandes manexadores de capital ( de xeito que o resto dos contribuintes temos que facer unha maior aportación ó erario público para que o estado obteña os mesmos cartos) senon que estes traficantes de cartos xeran beneficios que rondan o 20% do capital en 3 anos.... ( escoitastes ben, o mesmiño que vos dan a vos no banco.. non si?)
Francamente é tediosa a explicación de que son as AIE e o sistema en si, polo que remitimosvos ás fontes directas dos artigos para que fagadesvos cargo de como funciona o sistema económico-financieiro na construcción naval.(As enlaces ó final do texto)
Como comentaba esta mesma tarde un compañeiro de Barreras..." Para outros hai axudas, nos tamén as queremos para nos, que o único que está a facer o Estado é financiar a unha banca que nin siquera produce valor engadido, e nin nos proporciona os servizos que merecemos".
Lembrar, que para o Xoves 21 de Xullo, está convocada unha manifestación unitaria en defensa do Sector Naval que ha de partir as 20:00 dende a Vía Norte.
Os prometidos enlaces:
7 jul 2011
Do Ludismo á restricción de dereitos na era dixital. ( A SGAE e sua PN)
Do Ludismo á restricción de dereitos na era dixital.
Por Manolo Freiría.Foi a conta de que me agasallarna con este video (link) de un tren que facía a sua provia vía que viume ó miolo o movemento Ludista, xurdido a inicios do século 19 na Inglaterra ou como queira que lle chamen. (Ludismo) Efectivamente, o capital mediante o invento das máquinas desfaciase - coma hoxe- do maior problema que ten a hora de xerar plusvalías: Os traballadores e mais a clase obreira. As máquinas son eficientes, non cansan, paganse somentes unha vez e non reivindican. Pouco mais podese pedir a hora de levar adiante calqueira tipo de producción.
Os humanos quedamos desposeidos da forza de traballo, e por ende, da posibilidade de obter o sustento e as necesidades básicas a cambio do intercambio de forza por cartos.
O coñecemento está na man dos inxenieiros, que empregan unha pequena cantidade de man de obra para elaborar as máquinas e mantelas no seu punto.
A estas alturas ainda calqueira pode prender un chisco de lume, forxar unha peza e rectificala para construir un mecanismo. BUENO: Non está todo perdido. Si nos queremos podemos -co esforzo reglamentario- fabricar e modificar a máquina para facer o traballo.
Para protexer a inversión do inventor, constituiuse un elemento xurídico que foi denominado patente, que curiosamente, é un dereito negativo, según o cal, o estado proporciona unha exclusividade da tecnoloxía inventada a quen lle saiu do miolo, limitando seu uso a terceiros.
Os anos pasan, a tecnoloxía faise cada vez mais complexa... e o concepto e dereito das patentes manteñense.
Como queira que o dereito da patente atinxe tanto os produtos tanto materiais como inmateriais....co avanzo da microinformática, alguén decide que a cultura e o coñecemento é privativo e propiedade do seu inventor.
Efectivamente, nosos próceres, que tanto nos defenden de nos mesmos, permiten patentar o coñecemento... e é eiquí onde ía.
A conta (tan actual por certo) da intención dos autores de non permitir que o coñecemento sexa transmitido, deixe de ser patrimonio da humanidade, alguén realiza unha parodia baseada nun texto de Richard Stallman chamada a máquina de copiar xamóns...
O artigo seminal dos dereitos de copia e dos dereitos de acceso ós recursos do Software escribiunos o dito Stallman aló polos 70's no artigo "A máquina de duplicar pan" e mais a anguriante historia, tamén escrita por Stallman no 97 "O drereito a ler"
Non sei si son quen de amosar a dimensión do entramado no cal atopamonos inmersos, ou pola contra estou sumido na miña propia alucinación.
O caso é que as máquinas realizan a producción e polo tanto os humanos non temos traballo, e polo tanto non temos sustento.
Restrinxesenos o acceso ó coñecemento, e por ende, ós medios de producción.
Vulnerase a declaración dos dereitos humanos restrinxindonos o acceso ó traballo e a vivenda ( e de iso sabemos moitos)... e de seguires por este camiño, en breve, restrinxirasenos o dereito incluso a unha sanidade pública, gratuita, universal e de calidade.
Ti elixes si tomarás a pildora azul ou a vermella.
Unha delas non che fará nada... a outra... farache sentir na carne o lacerante lume da realidade onde estamos inmersos.
Saude e ánimo. O futuro é noso. Só temos que asilo.
PD: As multinacionais e o capital, non so se apropian do coñecemento e dos medios de producción. Sin ir mais lonxe, a compañía MONSANTO pretende patentar os coñecementos colectivos da humanidade relacionados coa agricultura tras 14.000 anos de busca xenética baseada na selección masal, e tamén de uns 360 millóns de anos de selección natural,inherente á propia vida e mais a evolución.
Si desexades empregar este artigo, ou parte, non esquezades mencionar a fonte. O coñecemento e da humanidade, o respeto dos homes.
5 jul 2011
Caso BATERAGUNE:
"Caso Bateragune",
O nacionalismo de esquerda no banco dos acusados.Martes 28 de xuño de 2011.
Fonte do Artigo en: Nodo50.org
O 09 de outubro de 2009 A policía española detivo no sur Euskal Herria 10 membros da Esquerda abertzale . O goberno español acusa de intentar reconstruír seguindo ordes ETA a Batasuna. Pero tanto o nacionalismo de esquerdas como distintos partidos políticos bascos foron rápidos en negar estas alegacións e confirmar que este grupo de persoas se preparaban as bases para un gran debate, unha nova oportunidade para a paz. Un debate sobre a futura estratexia da abertzale Esquerda.
A acusación do goberno baseado na interpretación de documentos considerados por expertos da policía na investigación de Esquerda abertzale e a súa historia. Esta é a única proba presentada polo Goberno.
Como na África do Sur no xuízo por traizón contra o Congreso do Pobo, o único elemento de acusación será a interpretación de documentos por parte de policías e membros do Ministerio Público. Como en África do Sur por 50 anos detrás de calquera documento que foi unha "conspiración comunista" agora no Estado español detrás de calquera documento da organización é unha "conspiración terrorista". O tribunal rexeitou a presenza de varias testemuñas nacionais e internacionais que queren testemuñar sobre o debate que esas persoas estaban tentando avanzar dentro do abertzale á esquerda.
Está claro que este grupo de persoas se preparaban as bases do debate estratéxico que o nacionalismo de esquerdas, a pesar das prisións, realizadas nos próximos meses. Este debate foi publicado e as súas conclusións son ben coñecidos. A Esquerda Abertzale optou por unha estratexia a ser desenvolvido exclusivamente pola política e democrática. Mentres tanto ETA declarou unha tregua unilateral permanente, ampla e verificable pola comunidade internacional. O partido nacionalista de esquerda política presentou a Sortu, que rexeita a violencia. Bildu ( coalición Eusko Alkartasuna , Alternatiba esquerda e independentes) recibiu 315.000 votos e converteuse na segunda forza política en Euskal Herria.
Pero Arnaldo Otegi, Sonia Jacinto, Miren Zabaleta e Arkaitz Rodriguez aínda están no cárcere, e no próximo 27 de xuño serán xulgados con Rafa Diez, Amaia Esnal, Moreno Txelui e Manuel José Serra baixo a acusación de pertencer ao ETA.
O fiscal pediu a cada un deles de 10 anos de prisión baixo a acusación de: seren membros de "bateragune" e este á súa vez, ser "o marco para a construción do acumulación de poder en favor da soberanía, baixo o mando do ETA" Por outra banda, acusa o promotor de ter como obxectivo "traer enfrontamento político ó seu punto máis alto."
Este novo ataque legal debe ser entendido na situación presente, como un ataque ao proceso en curso e un intento de obstaculizar o seu desenvolvemento. Este proceso é imparable, e este tipo de acción xudicial só pode ser entendida como unha tentativa de retardar o seu desenvolvemento, tratando de debilitar a esquerda abertzale e introducir elementos na corte política.
Os detidos:
Arnaldo Otegi MondragónUn dos líderes máis prominentes da abertzale Esquerda. Na prisión desde outubro de 2009 por "no caso de Bateragune". Arnaldo Otegi foi detido e condenado na década dos 80 pertencentes á ETA. Cumpriu a súa sentenza e foi lanzado en 1993. En 1997. despois da prisión do (Comité Executivo do Herri Batasuna) Mesa Redonda Nacional de Arnaldo Otegi foi nomeado portavoz do consello nacional novo. Desde entón, un membro da referencia abertzale Esquerda. Ten participado en varias negociacións de paz co obxectivo de resolver o conflito. El foi preso tres días despois do remate do proceso de paz anteriores en xuño de 2007 por un acto de homenaxe a José Miguel Ordenana Argala (ETA morto por BVE, paramilitares financiados polo estado español) e permaneceu en prisión ata 2008. Antes do inicio do proceso de paz tamén foi detido e enviado a prisión, sendo liberado baixo fianza.
Rafa Diez UsabiagaPrendido durante a operación contra Bateragune, é un ex-Secretario Xeral da abertzale LAB, un membro da FSM. Participou como consultor en 1987 as negociacións de paz en Alxeria desenvolvidos entre o goberno español ea ETA.
Na mesma operación tamén foron presos, Sonia Jacinto, Arkaitz Rodríguez, Miren Zabaleta, Amaia Esnal, Txelui Moreno e José Manuel Sierra.

18 may 2011
2 may 2011
OS CADERNOS DA SEMANA
OS CADERNOS DA SEMANA
[NOVAS]
[NOVAS]
[ARTIGOS DE OPINIÓN]
JOSÉ LUIS FIORI
O dereito humano á guerra
Hugo Grotius (1583-1645), pai do dereito internacional moderno, foi herdeiro da tradición humanista e cosmopolita da filosofía estoica, que formulou, por primeira vez, a idea dunha sociedade internacional solidaria e sometida a leis universais. Mesmo sendo cristián e teólogo, Grotius desenvolveu a tese que estas leis universais formaban parte dun "dereito natural común a todos os pobos ... tan inmutable que non podería ser mudado nin polo mesmo Deus". Para o xurista holandés, o dereito á seguridade e á paz formaban parte destes dereitos fundamentais dos homes e das nacións.
______________________________ ____________________
XOÁN ANTÓN PÉREZ LEMA
Estado xurídico de excepción
É principio común en todas as democracias que só a sentenza penal definitiva crea situacións xurídicas permanentes. Á persoa imputada ou condenada pendente recurso non se lle poden limitar dereitos, de non ser, con carácter meramente cautelar para impedir que esa persoa poida fuxir da acción da xustiza.
Este principio básico foi vulnerado pola maioría absoluta do PP e PSOE no Congreso e no Senado ao se aprobar, a fins do ano pasado, a recente reforma da lexislación electoral que entrou en vigor hai poucas semanas.

SILVIO FALCÓN
Non quero nada de ti
Todos recordamos (sobre todo, os que medramos con ela) aquela música dunha xeración do rock bravú en galego. Un dos seus grupos senlleiros desa xeración, os Heredeiros da Crus, falaban nun dos seus temas (chamado "Non quero nada de ti") dun desentendemento entre dous individuos. Iso quedándome bastante curto. O certo é que semella que o goberno da Xunta de Galicia mantén esta política con respecto a dous feitos políticos do país: a oposición parlamentaria e as manifestacións da sociedade civil. Explícome.
KARLOS REPEZ BRANKO unha analise o 1º de Maio. Sindicalismo pactista na empresa telefonica
2011, maio dia 1
CIFRA A CIFRA
KARLOS REPEZ BRANKO
CIFRA A CIFRA
- Mais parados ca nunca.- o record de 4,91 millons de parados producese cun mercado laboral mais ampro.
- Dous anos sen atopar traballo.- mais dun millòn de persoas atopanse nesta situación.
- Extendese o desanimo.- a poboación activa retrocede en 42.900 persoas denente as malas espectativas laborais. A reforma laboral e das pensions, consensuadas cos sindicatos estatais non conducirona ren.
- 256.000 postos de traballo menos.- a destrucción de emprego repunta, logo de ano e medio de moderación.
- Destruccion de emprego indefinido.- mais do 70% dos asalariados que perderon o traballo tiñan contrato fixo. Tendenza que incrementouse trala aprobacion da reforma laboral e abaratamento do despido.
- 1.4 millóns de fogares con todolos seus membros no paro.- sumaronse 58.000 familias só neste último trimestre.
- Incremento da idade de xubilación e caida de ate un 30% nas prestacions dos futuros xubilados.- trala reforma das pensions aprobada e consensuada con CCOO/UGT.
- Adecuacións da debeda das CCAA e Concellos.- foron xa os axentes economicos, escomenzando polo ministerio de economía do español, que xa fixeron saber que tralas eleccions de Maio, cumprira acometer uns fortes programas de axustes. Entre eles eliminación de servizos sociais, recurtes en obra licitada, emprego e inversións.
- O sindicalismo pactista gaña as eleccions en Telefonica.
- As enquisas dan unha vitoria á dereita mais neoliberal que xa deixou ben craro que continuara e afondara inda mais nas reformas e recurtes educativos,sanitarios,
pensions,centificos, industriais e de inversion que fagan falla. - Galiza de liderar creaccion de emprego co goberno do bipartito (BNG/PSdG) , pasa a seren unha das catro que mais destrue, sen ter nengun pran de accion por parte do executivo de Feijoo que o insulto ó goberno do estado, esquecendo que el si ten ferramentas para dinamizalo mercado laboral.
- CCOO e UGT calan e moito.- Non e casualidade que estes sindicatos estexan nos consellos dos fondos de pensions (que en realidade son fondos de inversion especulativos), fondos que á vez son os que atacan as finanzas dos estados e piden reformas estructuais e contra os traballadores.
- A CIG nunca vendera ós traballadores.- O recurte do 20% da prantiña, a externalización da actividade cara outras empresas con emprego precario, a inminente negociacion dun ERE (onde querese transmitir que vai ser como irse de vacacions, para alguns) sen un programa industrial serio, o moi probable recurte de dereitos laborais e a politica despidos (non esquezamos que aplicando a lei que CCOO/UGT consentiron en negociar), sempre terannos en contra.
- Existe outro xeito de facelas cousas .- A CIG non e un sindicato de "que hay de lo mio". Mirar para outro lado ou apoiar opcions respaldadas pola empresa che axudara a garantilos teus dereitos mentres o patrimonio deste empresa vai desaparecendo.
KARLOS REPEZ BRANKO
28 abr 2011
Suicídase un traballador de France Telecom queimándose ao bonzo
FRANCIA
Suicídase un traballador de France Telecom queimándose ao bonzo
As fontes do operador francés sinalaron que non é o seu primeiro caso de suicidio no que vai de ano, pero se negaron a facilitar a cifra.
Un traballador do operador francés de telecomunicacións France Télécom suicidouse hoxe preto de Bordeus, no sur do país, co que a empresa volveu situarse no centro da polémica pola súa eventual responsabilidade no suicidio de decenas de empregados nos últimos anos.
O home, de 57 anos, prendeuse lume esta mañá nun aparcadoiro, e para cando os servizos de socorro chegaron ao lugar só puideron constatar o seu falecemento, indicaron a Efe fontes da empresa, segundo as cales abriuse unha investigación.
A directora executiva de Orange (marca comercial de France Télécom), Delphine Ernotte, e o director de recursos humanos, Bruno Metling, vanse desprazar hoxe ata o lugar «para mostrar as condolencias e a solidariedade da compañía», que puxo a disposición dos compañeiros do falecido un equipo de axuda psicolóxica.
As fontes do operador de telecomunicacións sinalaron que non é o seu primeiro caso de suicidio no que vai de ano, pero se negaron a facilitar a cifra exacta pola política da empresa e a dificultade de vincular esas mortes ás condicións de traballo.
O suicidio de decenas de traballadores nos últimos anos levoulle en 2010 a France Télécom a anunciar un plan de mellora das condicións laborais dos seus empregados.
Esa onda de suicidios valeulle as críticas ata do Goberno e fíxolle proceder á substitución na súa dirección xeral, o que propiciou a chegada de Stéphane Richard, que foi quen se comprometeu ante os máis de 100.000 asalariados en Francia a ter en conta as súas circunstancias persoais para adaptar as condicións.
Fontes da Confederación Xeral do Traballo (CXT), o primeiro sindicato do país, indicaron hoxe a Efe que esta morte mostra con todo que os cambios non foron suficientes e que «aínda quedan moitas cuestións abertas» nas negociacións establecidas coa dirección da empresa.

13 mar 2011
ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega)

Se queredes ter novas dos traballadores Telmo Varela Fernández e José María Prado López, detidos en Vigo picade na ligazón.

12 mar 2011
Nota de prensa da CUT perante a detención de dous traballadores en Vigo
Mércores 9 de marzo
Perante a detención no día de hoxe pola Guardia Civil, dos traballadores Telmo Varela Fernández e José María Prado López, en Vigo, a CUT quere facer pública a súa posición.
Primeiro: Hoxe, mércores 9 de marzo, foron detidos os compañeiros Telmo Varela Fernández e José María Prado López, ámbolos dous militantes deste sindicato e traballadores do Sector Naval de Vigo. Independentemente de que descoñecemos a razón técnica pola cal se procedeu ás detencións, para este sindicato está claro que se trata dunha redada represiva máis contra os traballadores e traballadoras, destinada a coartar a loita sindical coherente nunha conxuntura de fame e desemprego como a actual na persoa de dous compañeiros que se teñen destacado pola súa entrega na defensa dos dereitos dos traballadores.
Segundo: En previsión de calquera intoxicación ou fabulación que poida ser subministrada polos responsables destas detencións e que poidan facerse eco inmoral en calquera medio voceiro do réxime, queremos subliñar que a actividade destes compañeiros circunscríbese á loita sindical do Sector Naval en Vigo. Reiterar que calquera outra especulación está destinada a lexitimar as imputacións policiais para a condena dos traballadores detidos.
Executiva Comarcal da CUT
1 mar 2011
14 feb 2011
O pobo é soberano
Lección de dignidade do pobo exipcio.
Se nós temos o poder, porqué non o usamos mais a miúdo?
7 feb 2011
Unha caixa á alemana
Reproducimos íntegro o artigo de Xavier Vence, Catedrático de Economía Aplicada da USC, tida conta tanto da sua actualidade, como o seu interese.
Non se poden concebir as caixas sen apoio ó investimento productivo, o tecido industrial das pequenas industrias, sen unha obra social focalizada sobre o pobo medio.
Non se poden concebir as caixas de aforro xenerando beneficios financieiros e obviando as realidades sociais e de desenvolvemento das comarcas, para centrarse nunha exclusiva xeneración de beneficios para repartir entre os seus accionistas.
E compre sinalar, que a responsabilidade de que esta bancarización vaia darse, recae sobre TODOS aqueles que empezaron por apostar pola unificación e mais a fusión.
¿ E agora qué'
Os xerentes actuais do sistema están facendo bon ó Dictador fascista Franco, desmontando todo aquelo que consta de un amplo apoio ás clases populares, a redistribución da riqueza e un retiro digno para os obreiros.

Xavier Vence - Catedrático de economía aplicada da USC
O ultimatum do goberno e do Banco de España para alcanzar, de súpeto, unha capitalización do 10% pon punto final as caixas tal como as coñecemos. Non é unha improvisación senón un plan madurado nos últimos catro anos, impulsado pola gran banca, o seu factotum MAFO e asumida politicamente polo PSOE e o PP. O proceso adornouse con todos os disimulos posibles, medias verdades, disensións escenificadas para a galería e xogadas en curto para sacar algún tipo de beneficio temporal. Ao final as cartas están boca arriba: Botín e F. González falan con claridade -mesmo obscena- e os bancos e fondos de investimento tamén. É obvio que a bancarización non se impón porque os bancos sexan máis eficientes, concedan máis crédito ás empresas do país ou evitaran a tentación desmesurada do ladrillo. Tampouco é serio dicir que as emisións de bonos do Santander ou BBVA teñen mala acollida por culpa das caixas e non pola súa propia situación. O que si é certo é que as caixas, o seu mercado e os seus activos son un bocado gorentoso, que o será máis canto máis as presionen e desvaloricen. Por desgraza, as caixas parece que non teñen Poder nen tampouco quen as defenda. En parte porque a sociedade está atordoada pola crise e os intereses do empresariado da economía productiva non teñen expresión política efectiva nin no PP nin no PSOE, sometidos como están desde hai tempo aos dictados da banca.
Cando se fala das catro opcións que se lle ofrecen ás caixas na actualidade para capitalizarse -cotas participativas privadas, SIP, banco con fundación ou FROB- compre ter ben presente que realmente son catro fórmulas distintas para chegar ao mesmo punto final, que é a creación dun banco. A viabilidade real da primeira parece moi remota e as outras tres implican a creación de bancos de inmediato e a colocación de grandes paquetes de accións no mercado, coa entrada na xestión dos inversores privados.
A cuestión agora é como afrontar o futuro. A grande dixuntiva está entre elixir a opción que prioriza a función do crédito á economía productiva para maximizar o crecemento económico ou ben por xerar altos beneficios para os accionistas da entidade, que é a lóxica da banca privada, sobre todo no contexto liberalizado actual. Se queremos preservar unhas entidades con forte vencello ao territorio, cunha orientación prioritaria para a economía productiva e as pemes e unha certa obra social e cultural entón hai que dicir claramente que ningunha das catro opción citadas serven. Calquera das fórmulas que conducen a un banco son contradictorias con eses obxectivos. Se a prioridade pasa a ser exclusivamente a máximización dos beneficios da entidade entón o diñeiro moverase febrilmente buscando negocios financeiros de curto prazo a escala global e o crédito miúdo ás pemes e autónomos pasa a ser un engorro, igual que o investimento productivo en pequenas empresas locais. Obviamente, a obra social pasa a ser unha rémora que limita a capacidade de expansión da entidade e a atractiva remuneración dos accionistas, co que acabará mermando até quedar reducida ao recomendable para poder ter unha boa imaxe social, que os refinados chaman Responsabilidade Social Corporativa. Como a que realizan as fundacións dos Botin.
Polo tanto, se o obxectivo é preservar unhas institucións financeiras con capacidade para atender eficazmente as necesidades financeiras do tecido de PEMES e actuar como a panca imprescindible para o desenvolvemento económico do noso país entón deberiamos pensar noutras saídas. Eu formularía unha quinta opción. Non é nada estrafalaria nin debería estar tan mal vista por Angela Merkel: o modelo de caixas alemanas, con participación pública e caracter territorial. Unha capitalización autonómica e local preservaría ese vencello coas necesidades da sociedade e do tecido empresarial do país. Se o FROB non fose un intrumento antiautonómico podería servir de apoio; en todo caso, sería factible acadar un core capital do 10% combinando cotas participativas públicas e un programa de desinvestimentos, aínda que se traducisen nun recorte transitorio do tamaño.
En vez de obedecer os dictados da banca española, alemana e internacional, fariamos ben en aprender do que en Alemaña funciona e que lles permite, xunto a algunhas outras cousas, ser o motor industrial de Europa. Aprender deles, non obdecelos!. Algúns flamantes portavoces parlamentarios creen que non obedecer a banca e Alemaña é idealismo. O idealismo, ou ignorancia, é creer que os intereses da gran banca –ou de Alemaña- coinciden cos intereses do noso país e da sociedade no seu conxunto, á que os representantes políticos se deben.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)