ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega)
Se queredes ter novas dos traballadores Telmo Varela Fernández e José María Prado López, detidos en Vigo picade na ligazón.
13 mar 2011
12 mar 2011
Nota de prensa da CUT perante a detención de dous traballadores en Vigo
Mércores 9 de marzo
Perante a detención no día de hoxe pola Guardia Civil, dos traballadores Telmo Varela Fernández e José María Prado López, en Vigo, a CUT quere facer pública a súa posición.
Primeiro: Hoxe, mércores 9 de marzo, foron detidos os compañeiros Telmo Varela Fernández e José María Prado López, ámbolos dous militantes deste sindicato e traballadores do Sector Naval de Vigo. Independentemente de que descoñecemos a razón técnica pola cal se procedeu ás detencións, para este sindicato está claro que se trata dunha redada represiva máis contra os traballadores e traballadoras, destinada a coartar a loita sindical coherente nunha conxuntura de fame e desemprego como a actual na persoa de dous compañeiros que se teñen destacado pola súa entrega na defensa dos dereitos dos traballadores.
Segundo: En previsión de calquera intoxicación ou fabulación que poida ser subministrada polos responsables destas detencións e que poidan facerse eco inmoral en calquera medio voceiro do réxime, queremos subliñar que a actividade destes compañeiros circunscríbese á loita sindical do Sector Naval en Vigo. Reiterar que calquera outra especulación está destinada a lexitimar as imputacións policiais para a condena dos traballadores detidos.
Executiva Comarcal da CUT
7 mar 2011
O FOGa adhirese ó ACORDO DEMOCRÁTICO NACIONAL
O Acordo Democrático Nacional, asinado por diversas organizacións soberanistas como alternativa á reforma estatutaria en Galiza, foi presentado en Decembro fin e integramente suscrito pola Fronte Obreira Galega.
I. A soberanía política en Galiza corresponde exclusivamente ao Pobo Galego. Esiximos o recoñecemento e o exercicio sen limites do dereito de autodeterminación nacional e a constitución da República Galega.
II. A participación do Pobo Galego e das súas organizacións sociais, sindicais e políticas na xestación do marco xurídico-político nacional, así como a súa aprobación por parte da maioría social, son requisitos imprescindíbeis sen os cales nengunha alternativa ou proposta pode gozar da lexitimidade democrática necesaria para se levar a cabo.
III. A soberanía nacional do Pobo Galego esténdese a todos os recursos, a toda a riqueza e a todos os procesos que producen riqueza na Nación, incluidos o control dos medios de produción, das fontes enerxéticas e do territorio.
IV. O novo marco garantirá o desenvolvemento económico autocentrado, un modelo produtivo que respecte e protexa o noso patrimonio natural e que estexa sometido en todo momento ao control directo da maioría social ao igual que toda a estrutura política, económica e social do País.
V. Defensa dun Marco Galego de Relacións Laborais que garanta a mellora das condicións de vida e de traballo da clase traballadora galega e avance no reparto social da riqueza. Superación da lacra social da emigración, a precariedade e a sobreexplotación.
VI. Plena normalización do Galego como lingua propia de Galiza. As institucións da Galiza soberana traballarán para a hexemonía social do lingua do País e a súa plena recuperación, respectando os dereitos das minorías lingüísticas.
VII. Democracia real e participativa. Recoñecemento pleno de todas as liberdades democráticas para toda a poboación galega. Retirada das forzas policiais e militares españolas do territorio galego. Abolición da lexislación e as institucións actualmente responsábeis da represión.
VIII. O territorio da Nación sobarda o da Comunidade Autónoma Galega. As comarcas galegas historicamente esgazadas do territorio nacional pola administración do Estado disporán de mecanismos democráticos para se reincorporaren a Galiza
1 mar 2011
Defendamos o galiheiro
Dende o partido político F.O.GA queremos engadirnos á plataforma pola protección da serra do Galiñeiro e tratar de frear a terrible aberración que pretenden facer montando un polígono eólico.
http://galineiro.nireblog.com/
http://galineiro.nireblog.com/
Suscribirse a:
Entradas (Atom)