13 jun 2012

Constitución de Asemblea Nacionalista de Vigo

  Onte martes, 12 de Xuño, constituiuse a Asemblea Nacionalista de Vigo.
  Nesta asemblea, participarón os/as militantes da Fronte Obreira Galega. 
  Ó remate decidimos adherirnos ó documento de Teo, tralo cual abrirase o
  proceso pra escoller a xestora.                                                                                                                        



                                          
   
    

6 jun 2012

Sorteo do Bono Axuda da Foga


Agradecervos a tod@ @s que colaborachedes con esta pequena aportación en pro deste proxecto. Por causas tecnicas anexas a rede, non foi posible ata agora colgar o número premiado, polo cal pedimos disculpas
e agardamos a vosa comprensión.
E por último toca o máis importante,  que é darlle o parabén ó agraciado-a e acompañante.
Ao rural se vai o número.....

                                              0422  

29 may 2012

Unha xornada con Jon Iñarritu ( Diputado Amaiur)


O compañeiro Jon Iñarritu ofreceunos un detallado e serio resumo o redor da situación política actual en Euskadi. Unha didactica viaxe a traves da historia e a cultura dun pobo con caracter e señas propias. Despois da charla continuouse cun interesante debate no que poideron participar tod@s @s asitentes/as, e no que se trataron temas sociais e políticos de diversa índole.


Nas fotos pódese observar a masiva afluencia de persoas, que se achegaron ata o Hotel Mexico, o que demostra o interese da sociedade,  por un modelo político-social que destaca e progresa por riba dos demais pobos que conforman o estado.


Despois da charla continuouse cun interesante debate no que poideron participar tod@s @s asitentes/as, e no que se trataron temas sociais e políticos de diversa índole.







O remate os compañeiros Triqui e Tino que arrouparon o invitado, o tempo que se encargaban de moderar o debate,  entregaronlle  un agasallo.

Pra remate de festa , risas e bó ambente.



2 abr 2012

LISTADO DE FERVENTES DEFENSORES DO DESPIDO LIBRE

                   (1)-- Manuel Escribano, ex-director xeral de Caja Segovia.
Prexubilouse cunha pensión pactada de 6 millóns de euros.
     
                    (2)-- José Luis Méndez, ex-director xeral de Caixa Galicia.
Recibiú unha pensión de entre 15 e 20 millóns de  euros.
                      (3)-- Lucas Hernández, ex-director xeral de Caja Duero.
Recibiú unha indemnización de 1,3 millóns de euros.
                        (4)-- Francisco Fernández, ex-vicepresidente de Caja España.
Cobrou 500.000 euros, como traballador en excedencia da entidade.
                         (5)-- Roberto López Abad, ex-director de CAM.
Asegurouse xunto a outros catro altos executivos unha pre-xubilación de 12,8 millóns de euros en total.
                         (6)-- Josep Maria Loza, ex-director xeral de Caja España-Duero.
Cobrou  10 millóns de euros, entre indemnización e plan de pensións.
                         (7)-- María Dolores Amorós, ex-directora xeral de CAM.
Pactou unha pensión vitalicia de 370.000 euros anuales.
Esta queríase prexubilar os 50 anos, licenciada en Económicas pola UNED.
                          (8)-- Ricard Pages, ex-presidente de Caixa Penedes.
Contaba cun plan de pensións de 11 millóns de euros.
                           (9)-- Domingo Parra, ex-director xeral de Banco de Valencia (Bancaja).
Pactou unha indemnización pola súa saída de 7,5 millons de euros.

                           (10)-- José Luis Pego, ex-director xeral de NovaCaixaGalicia.
Pactou o pago de 10,8 millons de euros, en concepto de indemnización e pensión.

                            (11)-- Juan Salido, ex-director xeral de Cajasol (Banca Cívica).
Se prexubilóu cunha pensión de 950.000 euros.
                             (12)-- Manuel Troyano, ex-director xeral de Caixa Penedés.
Pactou xunto con outros tres directivos unha pensión cun volumen engadido de 20 millóns de euros.
                    (13) -- Javier Eraso, ex-director xeral de Caja Cantabria. 
A marcha de Eraso non é unha dimision senón unha rescisión do seu contrato, o que permite que teña dereito á indemnización económica de 1,2 millóns de euros, e dispoñerá dun fondo de pensións que recibirá se opta por capitalizalo.
                                                       

Engadimos un gadget pra que elixades o voso candidato o nobel do cinismo. É posible que aparezan novos candidatos.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...