14 feb 2011

Despedimentos en PGA grupo Antolín

Delegados do subsector do automobil concentráronse diante das instalacións do grupo para exisir a readmisión dos compañeiros despedidos improcedentemente. Estes advirten que de non escoitalos se recrudecerian as mobilizacións.

Non queremos un futuro ao reves

Isto é o que toca despois do " GRAN ACORDO" asinado polos sindicatos estatais.

O pobo é soberano


Lección de dignidade do pobo exipcio.
Se nós temos o poder, porqué non o usamos mais a miúdo?

Moitos tíñamos que tomar exemplo dos que loitan polas pensións

Imaxinamos que non fan falla palabras

7 feb 2011

Unha caixa á alemana

Reproducimos íntegro o artigo de Xavier Vence, Catedrático de Economía Aplicada da USC, tida conta tanto da sua actualidade, como o seu interese.
Non se poden concebir as caixas sen apoio ó investimento productivo, o tecido industrial das pequenas industrias, sen unha obra social focalizada sobre o pobo medio.
Non se poden concebir as caixas de aforro xenerando beneficios financieiros e obviando as realidades sociais e de desenvolvemento das comarcas, para centrarse nunha exclusiva xeneración de beneficios para repartir entre os seus accionistas.
E compre sinalar, que a responsabilidade de que esta bancarización vaia darse, recae sobre TODOS aqueles que empezaron por apostar pola unificación e mais a fusión.
¿ E agora qué'

Os xerentes actuais do sistema están facendo bon ó Dictador fascista Franco, desmontando todo aquelo que consta de un amplo apoio ás clases populares, a redistribución da riqueza e un retiro digno para os obreiros.


Unha caixa á alemana

Xavier Vence - Catedrático de economía aplicada da USC


O ultimatum do goberno e do Banco de España para alcanzar, de súpeto, unha capitalización do 10% pon punto final as caixas tal como as coñecemos. Non é unha improvisación senón un plan madurado nos últimos catro anos, impulsado pola gran banca, o seu factotum MAFO e asumida politicamente polo PSOE e o PP. O proceso adornouse con todos os disimulos posibles, medias verdades, disensións escenificadas para a galería e xogadas en curto para sacar algún tipo de beneficio temporal. Ao final as cartas están boca arriba: Botín e F. González falan con claridade -mesmo obscena- e os bancos e fondos de investimento tamén. É obvio que a bancarización non se impón porque os bancos sexan máis eficientes, concedan máis crédito ás empresas do país ou evitaran a tentación desmesurada do ladrillo. Tampouco é serio dicir que as emisións de bonos do Santander ou BBVA teñen mala acollida por culpa das caixas e non pola súa propia situación. O que si é certo é que as caixas, o seu mercado e os seus activos son un bocado gorentoso, que o será máis canto máis as presionen e desvaloricen. Por desgraza, as caixas parece que non teñen Poder nen tampouco quen as defenda. En parte porque a sociedade está atordoada pola crise e os intereses do empresariado da economía productiva non teñen expresión política efectiva nin no PP nin no PSOE, sometidos como están desde hai tempo aos dictados da banca.
Cando se fala das catro opcións que se lle ofrecen ás caixas na actualidade para capitalizarse -cotas participativas privadas, SIP, banco con fundación ou FROB- compre ter ben presente que realmente son catro fórmulas distintas para chegar ao mesmo punto final, que é a creación dun banco. A viabilidade real da primeira parece moi remota e as outras tres implican a creación de bancos de inmediato e a colocación de grandes paquetes de accións no mercado, coa entrada na xestión dos inversores privados.
A cuestión agora é como afrontar o futuro. A grande dixuntiva está entre elixir a opción que prioriza a función do crédito á economía productiva para maximizar o crecemento económico ou ben por xerar altos beneficios para os accionistas da entidade, que é a lóxica da banca privada, sobre todo no contexto liberalizado actual. Se queremos preservar unhas entidades con forte vencello ao territorio, cunha orientación prioritaria para a economía productiva e as pemes e unha certa obra social e cultural entón hai que dicir claramente que ningunha das catro opción citadas serven. Calquera das fórmulas que conducen a un banco son contradictorias con eses obxectivos. Se a prioridade pasa a ser exclusivamente a máximización dos beneficios da entidade entón o diñeiro moverase febrilmente buscando negocios financeiros de curto prazo a escala global e o crédito miúdo ás pemes e autónomos pasa a ser un engorro, igual que o investimento productivo en pequenas empresas locais. Obviamente, a obra social pasa a ser unha rémora que limita a capacidade de expansión da entidade e a atractiva remuneración dos accionistas, co que acabará mermando até quedar reducida ao recomendable para poder ter unha boa imaxe social, que os refinados chaman Responsabilidade Social Corporativa. Como a que realizan as fundacións dos Botin.
Polo tanto, se o obxectivo é preservar unhas institucións financeiras con capacidade para atender eficazmente as necesidades financeiras do tecido de PEMES e actuar como a panca imprescindible para o desenvolvemento económico do noso país entón deberiamos pensar noutras saídas. Eu formularía unha quinta opción. Non é nada estrafalaria nin debería estar tan mal vista por Angela Merkel: o modelo de caixas alemanas, con participación pública e caracter territorial. Unha capitalización autonómica e local preservaría ese vencello coas necesidades da sociedade e do tecido empresarial do país. Se o FROB non fose un intrumento antiautonómico podería servir de apoio; en todo caso, sería factible acadar un core capital do 10% combinando cotas participativas públicas e un programa de desinvestimentos, aínda que se traducisen nun recorte transitorio do tamaño.
En vez de obedecer os dictados da banca española, alemana e internacional, fariamos ben en aprender do que en Alemaña funciona e que lles permite, xunto a algunhas outras cousas, ser o motor industrial de Europa. Aprender deles, non obdecelos!. Algúns flamantes portavoces parlamentarios creen que non obedecer a banca e Alemaña é idealismo. O idealismo, ou ignorancia, é creer que os intereses da gran banca –ou de Alemaña- coinciden cos intereses do noso país e da sociedade no seu conxunto, á que os representantes políticos se deben. 
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...