O Acordo Democrático Nacional, asinado por diversas organizacións soberanistas como alternativa á reforma estatutaria en Galiza, foi presentado en Decembro fin e integramente suscrito pola Fronte Obreira Galega.
I. A soberanía política en Galiza corresponde exclusivamente ao Pobo Galego. Esiximos o recoñecemento e o exercicio sen limites do dereito de autodeterminación nacional e a constitución da República Galega.
II. A participación do Pobo Galego e das súas organizacións sociais, sindicais e políticas na xestación do marco xurídico-político nacional, así como a súa aprobación por parte da maioría social, son requisitos imprescindíbeis sen os cales nengunha alternativa ou proposta pode gozar da lexitimidade democrática necesaria para se levar a cabo.
III. A soberanía nacional do Pobo Galego esténdese a todos os recursos, a toda a riqueza e a todos os procesos que producen riqueza na Nación, incluidos o control dos medios de produción, das fontes enerxéticas e do territorio.
IV. O novo marco garantirá o desenvolvemento económico autocentrado, un modelo produtivo que respecte e protexa o noso patrimonio natural e que estexa sometido en todo momento ao control directo da maioría social ao igual que toda a estrutura política, económica e social do País.
V. Defensa dun Marco Galego de Relacións Laborais que garanta a mellora das condicións de vida e de traballo da clase traballadora galega e avance no reparto social da riqueza. Superación da lacra social da emigración, a precariedade e a sobreexplotación.
VI. Plena normalización do Galego como lingua propia de Galiza. As institucións da Galiza soberana traballarán para a hexemonía social do lingua do País e a súa plena recuperación, respectando os dereitos das minorías lingüísticas.
VII. Democracia real e participativa. Recoñecemento pleno de todas as liberdades democráticas para toda a poboación galega. Retirada das forzas policiais e militares españolas do territorio galego. Abolición da lexislación e as institucións actualmente responsábeis da represión.
VIII. O territorio da Nación sobarda o da Comunidade Autónoma Galega. As comarcas galegas historicamente esgazadas do territorio nacional pola administración do Estado disporán de mecanismos democráticos para se reincorporaren a Galiza
No hay comentarios:
Publicar un comentario