10 mar 2012

Inaguración do local da F.O.GA en Vigo











Onte, venres 9 de marzo, ás 20 horas, tivo lugar  na cidade de Vigo 8 (Rúa Aguia nº 5), a inaguración oficial do local da organización política Fronte Obreira Galega (F.O.GA.), organización de esquerda e nacionalista, que dende a pluralidade e o obreirismo pretende traballar para mellorar as condicións de vida dos/as traballadores/as galegos e contribuir a transformar a sociedade. A raiz dos cambios que se están a producir no mundo nacionalista galego, pretende tamén xunto con outras organizacións políticas (Encontro Irmandiño, Frente Popular Galega etc...) construir unha plataforma máis ampla e plural na defensa dos intereses do Pais.

Na inaguración asistiron ademais dos afiliados/as do Partido, os escritores Xose Lois Mendez Ferrín (Presidente da Real Academia Galega) e Lois Perez Leira, os anteriores Secretarios Comarcais da CIG de Vigo, Agustín Malvido e Xerardo Abraldes, os representantes de Encontro Irmandiño, Xabier Toba, e Frente Popular Galega, Mariano Abalo, representantes tamén do PCPG, E.N. e Nova Esquerda Socialista , xunto cunha ampla representación de cadros da Central Sindical C.I.G. e da Corrente Sindical Galiza Obreira.

Despois duns petiscos e a actuación do grupo de pandereteiras Barafunda, pechou o acto cunhas breves palabras de benvida o voceiro nacional da FOGA, o seu portavoz Tino Lago.




















3 comentarios:

  1. Parabens os afiliados/as e simpatizantes do FoGA. Bo discurso do voso voceiro, bo ambiente na inauguración, e moita moita ilusión. Espero que sexades unha estrela dentro deste universo tan escuro. Ánimo e adiante.

    ResponderEliminar
  2. será galiza ceive non é?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Compañeiro/a anónimo/a, dio como queiras, pero por favor aprende ortografía porque o nome da patria é con maiúsculas.

      Eliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...