A F.O.GA o primeiro que quere facer é agradecer a todos os que participaron neste primeiro de maio baixo o lema "Polo reparto social da riqueza."
Para a fronte obreira galega este non foi un lema escollido ao azar, a fronte cre que a repartición máis xusta da riqueza,(creada por "todos nós"), e posibel é ademais pode axudar o noso país a superar a crise na que sumerxironnos os mercados, a banca e cada vez máis os gobernos e os mal chamados "sindicatos" estatais.
Para a fronte obreira galega este é un día moi sinalado polo que representa, posto que tódolos seus membros son traballadores que fan a súa labor dende o seu posto de traballo.
É por isto, por que estamos nas distintas fábricas oito horas tódolos días polo que podemos asegurar que é máis que convinte facer un reparto máis equitativo, seguindo sendo a clase obreira pero de ningunha das maneiras deixandonos converter como pretenden os enriba mencionados en escravos.
Viva a clase obreira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario