26 dic 2010
Mobilizacións dos traballadores de Recalvi Autos en Vigo
O concesionario Fiat xa lles comunicou que non cobrarán indemnizacións, nin o salario de decembro nin a extra correspondente.
15 dic 2010
O F.O.GA presente no manifesto pola liberdade de Otegi
O mantemento do Señor Arnaldo Otegi no cárcere supón obxectivamente privar ao pobo vasco dun dos seus principais líderes, unha das persoas que máis poden aportar para que o proceso histórico actual avance dun xeito xusto e firme".
Ó acto de apoio á liberdade de Otegi, asistiron diversas organizacións da esquerda e do nacionalismo Galelo, entre elas o F.O.GA.
9 dic 2010
Wikileaks
Fornecense de un xeito innovador, segura e anónim de información de fontes independentes de todo o mundo para baleirar información para os xornalistas para que sexa difundida.
Wikileaks publica material de valor ético, político e histórico, mantendo a identidade das fontes anónimas, proporcionando así un camiño universal para a revelación de inxustizas reprimidas e censuradas.
Para atopar estas informacións teclea no teu metabuscador: Wikileaks
ou ben, fai click no enlace actual: WIKILEAKS
30 nov 2010
A CIG-metal convoca manifestación en prol dos convenios galegos
A Federación do Metal da CIG ten convocada unha xornada nacional de mobilización de delegados e delegadas para este xoves, 2 de decembro, na cidade de A Coruña, en defensa da negociación dos convenios na Galiza. A manifestación enmárcase na campaña de resposta contra a reforma laboral e a pretendida reforma da negociación colectiva que está desenvolvendo a Confederación Intersindical Galega.
Antes da manifestación, os delegados/as da CIG-Metal participarán nunha asemblea que terá lugar no Centro Cívico de Os Mallos, de onde marcharán, ás 12:00 horas, até as portas da Confederación de Empresarios, baixo o lema “En Galiza, Convenios Galegos”.
Con esta protesta, a Federación do Metal da CIG quere manifestar o rexeitamento á reforma da negociación colectiva anunciada polo goberno e demandada pola gran patronal, que suporá a centralización da negociación dos convenios en Madrid, restando poder de decisión á clase obreira galega. “Queren negociar os convenios a nivel de cúpulas para impedir a participación das traballadoras e traballadores na negociación, non queren ter testemuñas molestas que lle remexan as súas conciencias, porque na CIG estamos convencidos que nestas negociacións se eliminarían dereitos que custaron moitos esforzos acadar”, denuncian.
A CIG-Metal acordou desenvolver esta xornada de mobilización en A Coruña, xa que a negociación do convenio provincial, ao igual que no caso de Lugo, está paralizada dende o pasado mes de xullo. Dende a Federación pediuse á patronal vontade negociadora, posto que durante as reunións da comisión mantívose inmóbil na súa proposta, mesmo logo de que a parte social rebaixara as súa plataformas.
Neste senso, apuntar que a Plataforma presentada pola CIG-Metal para o convenio de A Coruña recolle, entre outras demandas, unha vixencia de dous anos, indemnizacións dos contratos non indefinidos de 20 días por ano traballado, incremento salarial lineal de 560 euros por ano de vixencia, estabelecer un mínimo do 75% dos cadros de persoal fixos nas empresas, reducir a xornada anual até as 1.752 horas, ou regular as gardas e crear complementos específicos para estes servizos.
E moi importante que asistan o maior número de delegados/as posibels, xa que nos xogamos que os convenios se negocien en Madrid cos sindicatos estatais, no lugar de no noso pais.
25 nov 2010
PSA.plantea un ERE temporal que afectará a 2.000 personas
A dirección da planta de PSA-Citroën en Vigo trasladou onte ao comité de empresa, nunha reunión sobre as previsións de produción para o próximo ano, a posibilidade de negociar, en cuestión de semanas, un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) temporal que afectaría á totalidade dos traballadores da Liña 2, algo máis de 2.000 persoas.
Segundo explicaron fontes sindicais, a compañía anunciou onte neste encontro un recorte de produción de 22.000 unidades, que afecta, fundamentalmente á Liña 2, encargada de producir o Citroën C4 Picasso, no que traballan máis de 2.000 persoas.
O portavoz de SIT no comité de empresa, Alberto Priego, explicou , pese á formulación da empresa sobre a necesidade dun ERE temporal, os representantes dos traballadores non aceptaron a posibilidade de aplicar este procedemento sen antes negociar outras posibilidades, polo que a reunión concluíu sen ningún tipo de acordo e pendente dun novo encontro para perfilar alternativas.
Pola súa banda, o representante de UGT no comité de PSA, Rubén Pérez, destacou que en cuestión de semanas a empresa pasou ?de non querer falar de ERE? a presentarse directamente anunciando un. Do mesmo xeito que o seu compañeiro de SIT, Pérez apostou por esgotar todas as vías de axuste antes que aprobar un expediente.
XUBILACIÓN PARCIAL
Unha destas posibilidades sería a entrada en vigor de xubilacións parciais, un compromiso acordado en maio entre empresa e traballadores para o próximo 2011. Segundo explicou Pérez este método consistiría en promover a xubilación dos traballadores a partir de 61 anos e cubrir os seus postos de traballo con empregados temporais, de forma que lle aliviaría a carga para a empresa pero non se destruiría emprego.
Estamos a espera das declaracións do coordinador do automobil por parte da CIG, Henrique Perez, que a noso parecer serán nunha liña moi diferente a dos seus compañeiros do comité.
Vamos a trocar postos fijos por temporais?, estamos ante unha nova estratexia de PSA para recibir axudas do goberno?, e real a baixada da producción?
As compañeiras da limpeza dos colexios públicos de Vigo cumpren hoxe o seu noveno día de FOLGA
- Non se cumpren as horas de traballo contratadas polo Concello, que é coñecedor e consentidor da situación, dado que o Comité, en moitas ocasións lles deu traslado desta situación e fixeron caso omiso.
- Fixéronse contratos fixos descontinuos no mes de xuño, ao remate do curso 2009-2010, sen ter coñecemento o Comité e cando xa estaba publicado o concurso público de adquisición de servizo. Pasando por alto os acordos de Comité e empresa en canto a contratación indefinida por orde de antigüidade.
- Deses contratos, a maioría fixéronse por 10 horas a semana, e con horarios de 8 a 10 da noite. Os contratos con menos de 10 horas non teñen dereito a prestación por desemprego, este sector non ten traballo nin en xullo nin agosto, polo que, neses meses non terían ingresos. Os horarios de 8 a 10 da noite so fan prexudicar mais a conciliación da vida laboral e familiar, dado que somos case todas mulleres.
- As traballadoras so poden traballar catro horas ao día, dado que o Concello ten prohibido a entrada aos colexios antes das 6 da tarde, conseguindo con esto, que as traballadoras, cheguen a xubilación cunha pensión irrisoria, por non ter opción a maior cotización, e lles están impedindo repartir as horas das compañeiras que se van xubilando en cada colexio.
- Contratan a cinco homes a xornada completa para facer funcións de cristalerios, sen darnos opción as mulleres para ocupar eses postos e poder gozar de mais xornada.
As compañeiras nos están dando un exemplo de dignidade e de lealdade, merecen todo o apoio posible, por eso pedimosvos a vosa axuda e participación
17 nov 2010
Queremos Sanidade Pública de calidade
Mobilízate para a mellora da sanidade, gañamos todos.
O F.O.GA condena o xenocidio e se solidariza co pobo sahariano
Condenamos :
As accións terroristas levadas a cabo polo reino de Marrocos para que os saharauis non reivindiquen os seus dereitos.
O F.O.GA apoia as mobilizacións do 18 de novembro contra as reformas do capital
Os que queirades podedes manifestarvos nas cidades seguintes:
5 nov 2010
Queres Afiliarte a F.O.GA ?
http://www.fileden.com/files/2010/11/5/3008954//folla%20FOGA%20afiliacion.pdf
Aquí tendes outro enlace para poder cumprimentar a folla dende o computador e con openoffice:
http://www.fileden.com/files/2010/11/5/3008954//folla%20FOGA%20afiliacion.rar
9 oct 2010
Reforma Laboral
novas BOLETÍN ESPECIAL sobre a REFORMA LABORAL Outubro de 2010
- Non se modifica o contrato indefinido ordinario que da dereito a indemnización de 45 días por ano traballado cun máximo de 42 mensualidades
- Pero sí se facilita o despido objetixo*, cunha indemnización de 20 días por ano traballado e un máximo de 12 mensualidadesDESPIDOS 2
- *despido obxetivo: para esta modalidade de despido as empresas non teñen que alegar perdas económicas reais, senón as "previstas" ou unha "diminución persistente do seu nivel de ingresos" ou incluso xustificar os despedimentos co fin de "previr unha evolución negativa da empresa ou mellorar a situación da mesma" e dicir, si se prevé que non se vai a contar cunha determinada subvención ou axuda económica, se poden acoller a esta modalidade de despido…Antes de esta reforma, si un despido obxetivo era considerado nulo conlevaba a readmisión inmediata do traballador ou traballadora. Coa nova reforma, só se considerará "improcedente"
Despido colectivo ou obxetivo - O Estado subvencionará a cargo do FOGASA parte de este tipo de despedimentos.(8 días por ano traballado ou 40% da indemnización para empresas con menos de 25 traballadores).
- Xa non só se subvenciona ás empresas por crear emprego senón que agora se bonifican por despedir.
CONTRATO DE FOMENTO DO EMPREGO INDEFINIDO 1 - Esta modalidade de contratación ten unha indemnización por despido improcedente de 33 días por ano traballado, ata un máximo de 24 mensualidades, menos da metade do fixo ordinario (vixente ata agora).
- Se subvenciona igualmente o despido improcedente con 8 días por ano traballado, có que o empresario tería que pagar, no peor dos casos 25 días por ano traballado, no lugar dos 45 dos contratos indefinidos ordinarios habituais ata esta reforma.
- O efecto sustitución de traballadoras e traballadores con contrato ordinario por traballadoras e traballadores có novo contrato de fomento de emprego indefinido é inevitable a medio prazo.
- Si o despido é obxetivo, no 2015 custará o mesmo despedir a unha persoa con contrato temporal que a outra cun contrato fixo.
CONVENIOS COLECTIVOS 1 - "A dirección da empresa, cando existan probadas razóns económicas, técnicas, organizativas ou de produción poderá acordar modificacións sustanciais das condicións de traballo", aínda que estiveran recollidas no convenio colectivo en vigor.
CONVENIOS COLECTIVO 2Poderanse facer esas modificacións nas seguintes materias: xornada de traballo, horario e distribución do tempo de traballo, réxime de traballo a quendas, sistema de remuneración, sistema de traballo e rendemento e funcións.Poderá recorrer o mesmo método para que non se apliquen os acordos salariais do convenio.O empresario poderá ignorar o convenio en todos eses aspectos si iso beneficia á empresa.SECTOR PÚBLICO 1 - Ábrese a porta a que as ETT's xestionen emprego que ata agora só se realizaba a través da administración pública - a través de oposicións, listas de contratación (pensemos en sectores como a educación, ea sanidade…)- o que implica que as persoas contratadas terán peores condicións laborais.
- Créanse as Axencias de Colocación: primeiro paso para a privatización do Servizo Público de Emprego, que pasará a ser un negocio prestado por entidades privadas pagado polo erario público. As persoas paradas se converterán en obxeto de negocio para empresas privadas.O máis preto que temos xa para entendelo: as mutuas privadas.CONCLUSIONS
- O paro non vai a atopar solución con esta reforma.
- Facilita o despido das persoas traballadoras con contratos indefinidos ordinarios, o facilitar que as empresas se baseen no despido obxetivo.
- Bonifica con cartos público os despidos.
- Facilitase a os empresarios ignorar os convenios colectivos.
- Abaratase ata un 60% o custe do despido improcedente unha persoa con contrato indefinido.
- Facilitase a destrución de emprego público fixo.
- Ábrese a porta á privatización dos servizos públicos de emprego.
- Elimínanse as restricións das empresas de traballo temporal (ETT's) para acceder a contratos no sector público e nos sectores con traballos perigosos..Manifestarse en contra de estas decisións SERVE
- No 1988 a folga xeral é un éxito e o goberno de entón retira a reforma laboral.
- No 2.002 a folga no consegue o mesmo seguimento, pero o goberno retira o 80% das medidas da reforma laboral proposta por aquel entón.
- A folga do 8 de xuño contra o recorte salarial do funcionariado é un fracaso, pero a do persoal do Metro de Madrid, é un éxito e non se lles aplican os recortes salariais que o goberno madrileño pretendía.
- Ata o momento só os banqueiros e a patronal presionan para defender os seus dereitos. As traballadoras e traballadores tamén temos dereito a presionar polos nosos.
- As folgas, incluídas as xerais, son un procedemento lexítimo para poder facelo. Prohibilas, como propón algún partido, o tratar de desactivalas equivale a permitir que só os máis ricos e poderosos poidan presionar o resto da sociedade e a os gobernos.
- Os bancos fixeron folgas de "préstamos caídos" freando o desenrolo da actividade económica durante meses eludindo o fisco actuando en paraísos fiscais. As grandes empresas se levan os capitais a outros países para non facer fronte aquí as súas obrigas legais. O vicepresidente do BBVA ameazou o Estado o dicir que non se poden tomar medidas que non conveñan á banca….
- A situación dos traballadores e traballadoras galegas se deteriora sen cesar como consecuencia das políticas gobernamentais.
- España é o único país da OCDE onde os salarios diminuirón nos últimos quince años.
- Os beneficios das grandes empresas españolas aumentaron un 73% de 1999 a 2008 (o dobre que as da Unión Europea dos 15) mentres que os custes laborais só subiron o 3,7% (a metade que na UE-15).
- España segue á cola no gasto social en relación có PIB, o que significa que segue realizando menos esforzo para financiar os dereitos e o benestar das clases traballadoras.
- De 2007 a 2009 o número de pobres aumentou en España nun millón, mentres que o número de persoas que teñen activos por valor de máis de un millón de euros elevouse nun 12%.Que mais queres que che contemos para darte conta de que con esta reforma laboral non existen empresarios senón amos, e non hai traballadores senón escravos. Acaban de darlle para atrás aos nosos dereitos e dos nosos fillos 30 anos.
28 sept 2010
29 de Setembro ""FOLGA XERAL""
Non fomos nós quen provocamos esta crise.
Hai outras solucións. Temos que falar das mentiras desta crise que emprega o goberno como escusa para ir adiante con esta reforma que ataca os nosos dereitos como traballadores, e o noso benestar e o dos nosos fillos.
O desemprego no 20%, precarización xeralizada, recortes en todos os ámbitos sociais e nos servizos públicos, aumento da pobreza.
¿ PÓDESE VIVIR ASÍ ?
¿ Como imos aceptar esta reforma laboral para vivir sempre pior ?
Esta reforma non é mais cunha enorme transferencia de cartos dos mais pobres cara os mais ricos. Estes enchen as nosas vidas con dúas palabras DIFICULTADES E SACRIFICIOS, son palabras para silenciarnos, pero ! NON CALAREMOS ¡
Non fomos nós, traballadores da Galiza, quen provocamos esta crise. Temos que pedir reformas para quen nunca pasa dificultades e sempre nos pide sacrificios. Estes son os especuladores que nada producen, os bancos que non pagan os impostos que deben, as fortunas inmensas que non contribúen, para eles a reforma laboral e un inmenso e enorme negocio. Agora que a esperanza esmorece, que a pobreza nos lastra e que o futuro e escuro temos que saír a rúa pola solidariedade da clase traballadora, polo compromiso cos máis desfavorecidos, a dar a alternativa ao empobrecemento brutal da maioría da poboación.
Loitemos por un mundo que defenda o emprego digno e dea prioridade aos mais pobres, loitemos pola xustiza social e os servizos públicos, esa é a revolución que está por chegar, e estar aquí loitando contra está reforma laboral é o primeiro paso.
Defendamos a quen esta a sufrir os vaivéns dunha economía desgobernada. Se esta reforma vai cara adiante, este será un país que se abandone á pobreza, converterémonos nunha sociedade que deixe aos mais febles atrás. Unha sociedade incivilizada protexe a quen vence por riba do coidado humano, por iso imos a loitar contra os abusos e as inxustizas do goberno.
! CONTRA A REFORMA LABORAL, LOITA OBREIRA ¡
22 jul 2010
Rolda de prensa de presentación na Galería Sargadelos
Rolda de prensa o martes 20 de xullo as 12 na Galería Sargadelos (Rúa Urzáiz, Vigo) para dar a coñecer unha nova organización política do movemento nacionalista: a Fronte Obreira Galega (FOGa)
Participaron nesta comparecencia diante dos medios de comunicación:
Francisco Xavier González Sío, Xavier Prieto Torre, Xose Carlos De La Fuente Estevez e Amelia Vila Vila membros da xunta xestora e voceiros da Fronte Obreira Galega.
O martes 20 de xullo realizou a súa primeira presentación e intervención pública a Fronte Obreira Galega, que é un partido de traballadores e traballadoras vinculados e militantes do Movemento Nacionalista Galego, é da súa corrente obreirista, integrantes na súa maioría do sindicalismo Nacionalista, da CIG.
Desde a FOG, salientan que acreditan “noutro modelo de sociedade, máis xusta e igualitaria, fundamentada nos principios e nas bases da participación, pluralismo e asemblearismo, cun referente único e claro: a defensa da clase traballadora”.
A Fronte Obreira Galega, como colectivo de mulleres e homes, tenta abrir un espazo de debate dende a esquerda, fomentando a participación das bases nos diferentes ámbitos asociativos, “sen sectarismos nin dirixismos, pretendendo facer das asembleas órganos de decisión e debate. Soamente na comunicación e na discusión, seremos quen de xerar e crear apartacións, ilusión e traballo para cambiar o sistema”.
“O ataque continuo ao “Estado de Benestar”, que coas novas reformas laborais que intentan impoñer, faise inviable, máis non porque a cidadanía aspire a manter unhas condicións de vida aceptables e a melloralas , senón porqué a minoría hexemónica só pode nadar na superabundancia a costa do empobrecemento da maioría. Por iso entendemos que o socialismo é a única alternativa aceptable para as clases traballadoras”, rematan neste comunicado de presentación, sobre o que se estenderán na cita cos medios o próximo martes, onde darán a coñecer cales van ser os seus eixos de traballo e próximas convocatorias.
Vigo, 19 de xullo de 2010
Correo de contacto
fronteobreiragalega@gmail.com
Mais información:
http://www.vieiros.com/nova/80341/militantes-do-sindicalismo-nacionalista-crean-unha-nova-organizacion-politica
E mais:
http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/fronte-obreira-galega-sera-nueva-corriente-en-el-bng/idEdicion-2010-07-21/idNoticia-571443/
18 jul 2010
Compostela 25 de Xullo
Como xa sabedes a maioria ó dia da Patria Galega quedamos as 12:00 no palco da alameda.
25 de Xullo do 2010
DIA DA PATRIA
A Fronte Obreira é un colectivo de traballadores e traballadoras demócratas vencellados e militantes o movemento nacionalista galego e a súa corrente obreirista. Procedemos de diversos eidos políticos, sindicais, culturais, etc. e creemos nunha sociedade diferente, igualitaria e xusta, fundamentada nos principios e bases da participación, o pluralismo e o asemblearismo, cun referente único e claro a defensa das clases traballadoras.
Entendemos que hoxe, dentro das organizacións ideoloxicamente organizadas cara a liberación nacional de Galiza, e no cambio do sistema que esmaga e afoga as clases traballadoras, conviven unhas correntes hexemónicas que están a repartirse o poder. Estas levan deixando de lado os movementos sociais, ás clases traballadoras, os colectivos ecoloxistas, ou calquera tipo de expresión democrática que empregue a cidadanía para expresarse e que conforman tradicionalmente e forman o seu corpo militante nestas organizacións, sempre que as reivindicacións de estes colectivos non teña uns réditos persoais para a xente que conforma estas organizacións.
As correntes oficiais, dominantes tanto dentro do partido hexemónico no nacionalismo galego (BNG), como no sindicalismo nacionalista (CIG) están supeditadas a grupos que se erguen como portadores das verdades absolutas, que non traballan na consecución dos fins para os cales se fundaron inicialmente , nomeadamente a liberación da nazón galega e do proletariado galego e por ende, do planeta do xugo do sistema capitalista como sistema, que neste intre actual de crise mostrase se cabe máis caduco que nunca levando a sociedade cara a destrución.
Fomentando a participación das bases nos diferentes ámbitos asociativos; sen sectarismos nin dirixismos; facendo das asembleas non órganos de información nin adoutrinamento, senón Órganos de decisión e debate,. Sómente na comunicación e na discusión seremos quen de crear e xerar aportacións e ilusións para trocar un sistema que devora ós seres humanos, nun sistema onde homes e mulleres compartan o traballo, a ilusión e o futuro, tanto para as xeracións presentes, como para os futuros herdeiros da terra, a quen debemos deixar un legado libre de hipotecas, tanto ambientais como económicas.
Nacemos para recuperar a lexitimidade do único e verdadeiro valor: o das persoas que militan dentro das institucións e contra o apoltronamento carguista, que ignora as necesidades e potencialidades dos homes e mulleres militantes no nacionalismo galego, obreiro e de esquerdas.
Os nosos plantexamentos implican necesariamente a pescuda de solucións novedosas e innovadoras que nos permitan avanzar facendo que sexa a cidadanía a que marque o camiño a coller e ser referente para está dende unha clara visión obreirista, e debemos ter en conta que posiblemente as organizacións clásicas estruturadas en modelos do pasado século non sexan válidas, nin ás que a sociedade actual precise.
Aspiramos a organizarnos nunha estrutura de masas que actúe sobre a sociedade e movementos consolidados condicionando os puntos de vista políticos, ideolóxicos e económicos.
Por iso, dende agora, ata sempre, traballa con nos, polo socialismo real, sen dirixismos.
Primeiro acto público do F.O.GA
O F.O.GA escolleu o dia 25 de xullo para darse a coñecer e sair a rua no que se pode dicir que foi o seu primeiro acto público despois da súa presentación en rolda de prensa.
percorrendo as ruas de Compostela |
Todos irmanados |
17 jul 2010
Obxetivos e pricipios da Fronte Obreira Galega
Recollendo do patrimonio común aquelas ideas forza máis reveladoras da nosa razón de ser como organización política, explicitamos como obxetivos da Fronte Obreira Galega os seguintes:
- A mellora progresiva xeral, individual e colectiva dos intereses das traballadoras e traballadores, da propia organización e do conxuntoda sociedade galega, das condicións laborais e da calidade de vida.
- A profundización democrática e social constante cara a achegarnos a unha sociedade máis xusta e máis humana, sen explotación económica nin opresión política, calquera que sexan as formas en que esta se manifieste. Por eso pretendemos a superación do sistema capitalista e a construcción do socialismo.
- O pleno exercicio de tódolos dereitos humanos, individuais e sociais, sen discriminacións, incluído o da Autodeterminación.
- Promovernos o máximo respecto á dignidade humana, a paz, a democracia, a xustiza social e a igualdade, a aplicación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos atraveso da acción colectiva da clase traballadora. Fomentarmos a solidariedade internacional, o bo entendemento e a boa vontade universais, o antimilitarismo, a solución pacifica dos conflictos, o desarmamento e a reconversión da industria militar en civil, así como unha nova orde internacional xusta.
- Esixirmos a utilización pacífica, racional e ao servizo da toda a humanidade dos avances cientificos e tecnolóxicos, e impulsarmos modelos productivos enerxéticos fundamentados ecoloxicamente.
- Loitarmos contra toda forma de racismo, xenofobia, ou prexuizo e discriminación na sociedade en razón de sexo, estado civil, enfermidade, idade, lingua, relixión, opinión política, opción social, sexual, posición social ou económica, orixe étnica, nacional ou cultural.
- Impulsarmos a participación socio política e a inserción laboral e profesional das mulleres e mocidade na sociedade, asegurando a igualdade de oportunidades ea ausencia de discriminación.
- Fomentarmos a organización e a solidariedade e o apoio mutuo como mecanismo de defensa dos intereses da clase obreira.
- Promovermos as estructuras e accións necesarias para a plena integración na sociedade dos grupos máis desfavorecidos, co obxeto de eliminarmos as bolsas de extrema pobreza e marxinalidade, combatendo as causas que as producen.
- Pularmos pola completa normalización lingüistica do idioma propio de Galiza.
Principios Programaticos
LOITA de clase: A Fronte Obreira Galega é unha organización política que afirma, día a día, o seu carácter de clase, adoptando as decisións que en cada momento considera, para mellor defender os intereses inmediatos e xerais da clase traballadora galega na perspectiva da transformación social.
Nacionalismo: A Fronte Obreira Galega definese como unha organización política nacionalista porque Galiza é unha nación sen soberanía política, ao servizo dos intereses alleos, submetida e dependente económica, política e culturalmente. A procura da nosa soberanía e o exercicio do dereito de autodeterminación son para nós irrenunciábeis. Desde a nosa independencia e autonomía, reclamámonos parte do movemento nacionalista galego.
Autoorganización: Entendendo que ningún dos principais problemas de Galiza se pode resolver favorablemente aos intereses do noso pobo se este non toma consciencia da súa identidade e traduce esa consciencia en organizacións propias e soberanas, a Fronte Obreira Galega é expresión da autoorganización da clase obreira galega.
Solidariedade e internacionalismo: A Fronte Obreira Galega, atraverso do seu traballo en diversas organizacións e a traverso de si mesma, garante a unión e solidariedade da clase traballadora con independencia do sector en que ocupen as súas actividades, do territorio onde vivan ou das diferencias e atrancos que podan existir. Así mesmo, estamos vencellados á loita común dos traballadores e das traballadoras do mundo pola súa completa emancipación e ás dos pobos que loitan pola súa liberación nacional.
Democracia e participación: A Fronte Obreira Galega entende a democracia como valor universal. Garante a igualdade de dereitos da súa afiliación, asegura o funcionamento democrático de todos os seus órganos de dirección e elixe todos os seus cargos democraticamente. Fomenta a participación e as asembleas de afiliados e afiliadas, así como as dos traballadores e traballadoras, como método para evitar o individualismo, o corporativismo e a burocracia, e como unha maneira de facilitar a coresponsabilidade nos debates e na toma de decisións.
Independencia: A Fronte Obreira Galega é independiente e soberana na toma de decisións. Autogovernase e non está suxeita a control de ningún grupo de poder económico, ideolóxico ou relixioso.
Pluralismo: A Fronte Obreira Galega é unha organización política de esquerdas e plural, respeta e fai respetar a liberdade interna e a diversidade de opinións políticas tanto individuais como colectivas, garante a liberdade de expresión e pensamento sen restriccións de ningunha clase, e cumpre e fai cumprir os estatutos dos que libre e voluntariamente se dota.
Transformación: A Fronte Obreira Galega e unha organización política transformadora. Para mellor defender e facer realidade os seus obxetivos, participa na vida sociopolítica e fomenta, así mesmo, a participación máis activa da súa afiliación.
Unidade: A Fronte Obreira Galega persegue a máis completa unidade da clase traballadora galega. Así mesmo, propiciará a máis ampla e posible unidade de acción política, social e sindical para acadar os obxetivos fixados.
Normalización: A Fronte Obreira Galega expresase en galego, o cal defende como único idioma oficial de Galiza, abogando polo seu uso en todas as situacións da vida cotiá.