Recollendo do patrimonio común aquelas ideas forza máis reveladoras da nosa razón de ser como organización política, explicitamos como obxetivos da Fronte Obreira Galega os seguintes:
- A mellora progresiva xeral, individual e colectiva dos intereses das traballadoras e traballadores, da propia organización e do conxuntoda sociedade galega, das condicións laborais e da calidade de vida.
- A profundización democrática e social constante cara a achegarnos a unha sociedade máis xusta e máis humana, sen explotación económica nin opresión política, calquera que sexan as formas en que esta se manifieste. Por eso pretendemos a superación do sistema capitalista e a construcción do socialismo.
- O pleno exercicio de tódolos dereitos humanos, individuais e sociais, sen discriminacións, incluído o da Autodeterminación.
- Promovernos o máximo respecto á dignidade humana, a paz, a democracia, a xustiza social e a igualdade, a aplicación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos atraveso da acción colectiva da clase traballadora. Fomentarmos a solidariedade internacional, o bo entendemento e a boa vontade universais, o antimilitarismo, a solución pacifica dos conflictos, o desarmamento e a reconversión da industria militar en civil, así como unha nova orde internacional xusta.
- Esixirmos a utilización pacífica, racional e ao servizo da toda a humanidade dos avances cientificos e tecnolóxicos, e impulsarmos modelos productivos enerxéticos fundamentados ecoloxicamente.
- Loitarmos contra toda forma de racismo, xenofobia, ou prexuizo e discriminación na sociedade en razón de sexo, estado civil, enfermidade, idade, lingua, relixión, opinión política, opción social, sexual, posición social ou económica, orixe étnica, nacional ou cultural.
- Impulsarmos a participación socio política e a inserción laboral e profesional das mulleres e mocidade na sociedade, asegurando a igualdade de oportunidades ea ausencia de discriminación.
- Fomentarmos a organización e a solidariedade e o apoio mutuo como mecanismo de defensa dos intereses da clase obreira.
- Promovermos as estructuras e accións necesarias para a plena integración na sociedade dos grupos máis desfavorecidos, co obxeto de eliminarmos as bolsas de extrema pobreza e marxinalidade, combatendo as causas que as producen.
- Pularmos pola completa normalización lingüistica do idioma propio de Galiza.
Principios Programaticos
LOITA de clase: A Fronte Obreira Galega é unha organización política que afirma, día a día, o seu carácter de clase, adoptando as decisións que en cada momento considera, para mellor defender os intereses inmediatos e xerais da clase traballadora galega na perspectiva da transformación social.
Nacionalismo: A Fronte Obreira Galega definese como unha organización política nacionalista porque Galiza é unha nación sen soberanía política, ao servizo dos intereses alleos, submetida e dependente económica, política e culturalmente. A procura da nosa soberanía e o exercicio do dereito de autodeterminación son para nós irrenunciábeis. Desde a nosa independencia e autonomía, reclamámonos parte do movemento nacionalista galego.
Autoorganización: Entendendo que ningún dos principais problemas de Galiza se pode resolver favorablemente aos intereses do noso pobo se este non toma consciencia da súa identidade e traduce esa consciencia en organizacións propias e soberanas, a Fronte Obreira Galega é expresión da autoorganización da clase obreira galega.
Solidariedade e internacionalismo: A Fronte Obreira Galega, atraverso do seu traballo en diversas organizacións e a traverso de si mesma, garante a unión e solidariedade da clase traballadora con independencia do sector en que ocupen as súas actividades, do territorio onde vivan ou das diferencias e atrancos que podan existir. Así mesmo, estamos vencellados á loita común dos traballadores e das traballadoras do mundo pola súa completa emancipación e ás dos pobos que loitan pola súa liberación nacional.
Democracia e participación: A Fronte Obreira Galega entende a democracia como valor universal. Garante a igualdade de dereitos da súa afiliación, asegura o funcionamento democrático de todos os seus órganos de dirección e elixe todos os seus cargos democraticamente. Fomenta a participación e as asembleas de afiliados e afiliadas, así como as dos traballadores e traballadoras, como método para evitar o individualismo, o corporativismo e a burocracia, e como unha maneira de facilitar a coresponsabilidade nos debates e na toma de decisións.
Independencia: A Fronte Obreira Galega é independiente e soberana na toma de decisións. Autogovernase e non está suxeita a control de ningún grupo de poder económico, ideolóxico ou relixioso.
Pluralismo: A Fronte Obreira Galega é unha organización política de esquerdas e plural, respeta e fai respetar a liberdade interna e a diversidade de opinións políticas tanto individuais como colectivas, garante a liberdade de expresión e pensamento sen restriccións de ningunha clase, e cumpre e fai cumprir os estatutos dos que libre e voluntariamente se dota.
Transformación: A Fronte Obreira Galega e unha organización política transformadora. Para mellor defender e facer realidade os seus obxetivos, participa na vida sociopolítica e fomenta, así mesmo, a participación máis activa da súa afiliación.
Unidade: A Fronte Obreira Galega persegue a máis completa unidade da clase traballadora galega. Así mesmo, propiciará a máis ampla e posible unidade de acción política, social e sindical para acadar os obxetivos fixados.
Normalización: A Fronte Obreira Galega expresase en galego, o cal defende como único idioma oficial de Galiza, abogando polo seu uso en todas as situacións da vida cotiá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario