15 jul. 2011

O Naval e a TAX LEASE

Por Manolo Canalla.

Ben sexa por un destes peculiares artificios financieiros que vimos descubrindo con asombro nos últimos meses, por unha opción por unha terceira reconversión Naval, ben sexa por unha xestión inadecuada dos recursos, o caso é que temos un problema.Un gran problema. Si se dera o caso de que o Asteleiro Barreras pechara, perto de 10.000 operarios quedarían sin carga de traballo na bisbarra de Vigo, bisbarra que leva sendo precarizada dende hai anos mediante deslocalizacións, subcontratacións de terceiro nivel, ERE's ficticios... que siñifica que 10.000 operarios non so abandoarán o sector produtivo para pasar a unha situación de desemprego en intres nos que o Indice de desemprego é de mais do 20%, 10.000 familias, deixaran de ser parte da cadea económica que supón manter un mercado inmobiliario, o comercio, o lecer... desaparecerán de pronto 10.000 familias de consumidores ... que a tres membros por familia son 30.000 persoas, que é nada menos que o 10% da poboación de esta cidade.
http://www.elmundo.es/elmundo/2011/07/14/galicia/1310646430.html

Parece que de algún xeito, o problema inicial é a desaparición dos incentivos fiscais á "TAX LEASE", que é un xeito peculiar de financiación (algo parecido ó Leasing) que empregase tanto na construcción naval como na aeronautica etc etc.
O caso, o sorprendente, é que salta á vista que esta "Tax Lease" xenera beneficios non só fiscais para os grandes manexadores de capital ( de xeito que o resto dos contribuintes temos que facer unha maior aportación ó erario público para que o estado obteña os mesmos cartos) senon que estes traficantes de cartos xeran beneficios que rondan o 20% do capital en 3 anos.... ( escoitastes ben, o mesmiño que vos dan a vos no banco.. non si?)
Francamente é tediosa a explicación de que son as AIE e o sistema en si, polo que remitimosvos ás fontes directas dos artigos para que fagadesvos cargo de como funciona o sistema económico-financieiro na construcción naval.(As enlaces ó final do texto)
Como comentaba esta mesma tarde un compañeiro de Barreras..." Para outros hai axudas, nos tamén as queremos para nos, que o único que está a facer o Estado é financiar a unha banca que nin siquera produce valor engadido, e nin nos proporciona os servizos que merecemos".
Lembrar, que para o Xoves 21 de Xullo, está convocada unha manifestación unitaria en defensa do Sector Naval que ha de partir as 20:00 dende a Vía Norte.

Os prometidos enlaces: 

1 comentario:

  1. Ai que dar unha resposta contundente a estes especuladores e traficantes de vidas. Tende clariño que se non ai loita acabaran ca bisbarra e cas vidas de 10.000 familias

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...