3 may 2011

1º de Maio nas rúas de Vigo


A F.O.GA  o primeiro que quere facer é agradecer a todos os que participaron neste primeiro de maio baixo o lema "Polo reparto social da riqueza."

Para a fronte obreira  galega este non foi un lema escollido ao azar, a fronte cre que a repartición máis xusta da riqueza,(creada por "todos nós"), e posibel é ademais pode axudar o noso país a superar a crise na que sumerxironnos os mercados, a banca e cada vez máis os gobernos e os mal chamados "sindicatos" estatais.

Para a fronte obreira galega  este é un día moi sinalado polo que representa, posto que  tódolos seus membros son traballadores que fan a súa labor dende o seu posto de traballo.

 É por isto, por que estamos nas distintas fábricas oito horas tódolos días polo que podemos asegurar que é máis que convinte facer un reparto máis equitativo, seguindo sendo a clase obreira pero de ningunha das maneiras deixandonos converter como pretenden os enriba mencionados en escravos.





Viva a clase obreira.

2 may 2011

OS CADERNOS DA SEMANA

OS CADERNOS DA SEMANA

[NOVAS]














[ARTIGOS DE OPINIÓN] 
JOSÉ LUIS FIORI
  O dereito humano á guerra
Hugo Grotius (1583-1645), pai do dereito internacional moderno, foi herdeiro da tradición humanista e cosmopolita da filosofía estoica, que formulou, por primeira vez, a idea dunha sociedade internacional solidaria e sometida a leis universais. Mesmo sendo cristián e teólogo, Grotius desenvolveu a tese que estas leis universais formaban parte dun "dereito natural común a todos os pobos ... tan inmutable que non podería ser mudado nin polo mesmo Deus". Para o xurista holandés, o dereito á seguridade e á paz formaban parte destes dereitos fundamentais dos homes e das nacións.


__________________________________________________
XOÁN ANTÓN PÉREZ LEMA
  Estado xurídico de excepción
É principio común en todas as democracias que só a sentenza penal definitiva crea situacións xurídicas permanentes. Á persoa imputada ou condenada pendente recurso non se lle poden limitar dereitos, de non ser, con carácter meramente cautelar para impedir que esa persoa poida fuxir da acción da xustiza.

Este principio básico foi vulnerado pola maioría absoluta do PP e PSOE no Congreso e no Senado ao se aprobar, a fins do ano pasado, a recente reforma da lexislación electoral que entrou en vigor hai poucas semanas.


Para ler máis, pulsa aquí

___________________________________________________
SILVIO FALCÓN
Non quero nada de ti
Todos recordamos (sobre todo, os que medramos con ela) aquela música dunha xeración do rock bravú en galego. Un dos seus grupos senlleiros desa xeración, os Heredeiros da Crus, falaban nun dos seus temas (chamado "Non quero nada de ti") dun desentendemento entre dous individuos. Iso  quedándome bastante curto. O certo é que semella que o goberno da Xunta de Galicia mantén esta política con respecto a dous feitos políticos do país: a oposición parlamentaria e as manifestacións da sociedade civil. Explícome.




[CONTACTA CON NÓS!]

KARLOS REPEZ BRANKO unha analise o 1º de Maio. Sindicalismo pactista na empresa telefonica

2011, maio dia 1
CIFRA A CIFRA
  • Mais parados ca nunca.- o record de 4,91 millons de parados producese cun mercado laboral mais ampro.
  • Dous anos sen atopar traballo.- mais dun millòn de persoas atopanse nesta situación.
  • Extendese o desanimo.- a poboación activa retrocede en 42.900 persoas denente as malas espectativas laborais. A reforma laboral e das pensions, consensuadas cos sindicatos estatais non conducirona ren.
  • 256.000 postos de traballo menos.- a destrucción de emprego repunta, logo de ano e medio de moderación.
  • Destruccion de emprego indefinido.- mais do 70% dos asalariados que perderon o traballo tiñan contrato fixo. Tendenza que incrementouse trala aprobacion da reforma laboral e abaratamento do despido.
  • 1.4 millóns de fogares con todolos seus membros no paro.- sumaronse 58.000 familias só neste último trimestre.
  • Incremento da idade de xubilación e caida de ate un 30% nas prestacions dos futuros xubilados.- trala reforma das pensions aprobada e consensuada con CCOO/UGT.
  • Adecuacións da debeda das CCAA e Concellos.- foron xa os axentes economicos, escomenzando polo ministerio de economía do español, que xa fixeron saber que tralas eleccions de Maio, cumprira acometer uns fortes programas de axustes. Entre eles eliminación de servizos sociais, recurtes en obra licitada, emprego e inversións.
DENANTE ESTO
  • O sindicalismo pactista gaña as eleccions en Telefonica.
  • As enquisas dan unha vitoria á dereita mais neoliberal que xa deixou ben craro que continuara e afondara inda mais nas reformas e recurtes educativos,sanitarios,pensions,centificos,industriais e de inversion que fagan falla.
  • Galiza de liderar creaccion de emprego co goberno do bipartito (BNG/PSdG) , pasa a seren unha das catro que mais destrue, sen ter nengun pran de accion por parte do executivo de Feijoo que o insulto ó goberno do estado, esquecendo que el si ten ferramentas para dinamizalo mercado laboral.
  • CCOO e UGT calan e moito.- Non e casualidade que estes sindicatos estexan nos consellos dos fondos de pensions (que en realidade son fondos de inversion especulativos), fondos que á vez son os que atacan as finanzas dos estados e piden reformas estructuais e contra os traballadores.
  • A CIG nunca vendera ós traballadores.- O recurte do 20% da prantiña, a externalización da actividade cara outras empresas con emprego precario, a inminente negociacion dun ERE (onde querese transmitir que vai ser como irse de vacacions, para alguns) sen un programa industrial serio, o moi probable recurte de dereitos laborais e a politica despidos (non esquezamos que aplicando a lei que CCOO/UGT consentiron en negociar), sempre terannos en contra.
  • Existe outro xeito de facelas cousas .- A CIG non e un sindicato de "que hay de lo mio". Mirar para outro lado ou apoiar opcions respaldadas pola empresa che axudara a garantilos teus dereitos mentres o patrimonio deste empresa vai desaparecendo.


KARLOS REPEZ BRANKO
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...