7 jul. 2011

Do Ludismo á restricción de dereitos na era dixital. ( A SGAE e sua PN)

Do Ludismo á restricción de dereitos na era dixital.
Por Manolo Freiría.

Foi a conta de que me agasallarna con este video (link) de un tren que facía a sua provia vía que viume ó miolo o movemento Ludista, xurdido a inicios do século 19 na Inglaterra ou como queira que lle chamen. (Ludismo) Efectivamente, o capital mediante o invento das máquinas desfaciase - coma hoxe- do maior problema que ten a hora de xerar plusvalías: Os traballadores e mais a clase obreira. As máquinas son eficientes, non cansan, paganse somentes unha vez e non reivindican. Pouco mais podese pedir a hora de levar adiante calqueira tipo de producción.
Os humanos quedamos desposeidos da forza de traballo, e por ende, da posibilidade de obter o sustento e as necesidades básicas a cambio do intercambio de forza por cartos.
O coñecemento está na man dos inxenieiros, que empregan unha pequena cantidade de man de obra para elaborar as máquinas e mantelas no seu punto.
A estas alturas ainda calqueira pode prender un chisco de lume, forxar unha peza e rectificala para construir un mecanismo. BUENO: Non está todo perdido. Si nos queremos podemos -co esforzo reglamentario- fabricar e modificar a máquina para facer o traballo.
Para protexer a inversión do inventor, constituiuse un elemento xurídico que foi denominado patente, que curiosamente, é un dereito negativo, según o cal, o estado proporciona unha exclusividade da tecnoloxía inventada a quen lle saiu do miolo, limitando seu uso a terceiros.
Os anos pasan, a tecnoloxía faise cada vez mais complexa... e o concepto e dereito das patentes manteñense.
Como queira que o dereito da patente atinxe tanto os produtos tanto materiais como inmateriais....co avanzo da microinformática, alguén decide que a cultura e o coñecemento é privativo e propiedade do seu inventor.
Efectivamente, nosos próceres, que tanto nos defenden de nos mesmos, permiten patentar o coñecemento... e é eiquí onde ía.
A conta (tan actual por certo) da intención dos autores de non permitir que o coñecemento sexa transmitido, deixe de ser patrimonio da humanidade, alguén realiza unha parodia baseada nun texto de Richard Stallman chamada a máquina de copiar xamóns...


O artigo seminal dos dereitos de copia e dos dereitos de acceso ós recursos do Software escribiunos o dito Stallman aló polos 70's no artigo "A máquina de duplicar pan" e mais a anguriante historia, tamén escrita por Stallman no 97 "O drereito a ler"
Non sei si son quen de amosar a dimensión do entramado no cal atopamonos inmersos, ou pola contra estou sumido na miña propia alucinación.


O caso é que as máquinas realizan a producción e polo tanto os humanos non temos traballo, e polo tanto non temos sustento.
Restrinxesenos o acceso ó coñecemento, e por ende, ós medios de producción.
Vulnerase a declaración dos dereitos humanos restrinxindonos o acceso ó traballo e a vivenda ( e de iso sabemos moitos)... e de seguires por este camiño, en breve, restrinxirasenos o dereito incluso a unha sanidade pública, gratuita, universal e de calidade.

Ti elixes si tomarás a pildora azul ou a vermella.
Unha delas non che fará nada... a outra... farache sentir na carne o lacerante lume da realidade onde estamos inmersos.

Saude e ánimo. O futuro é noso. Só temos que asilo.

PD: As multinacionais e o capital, non so se apropian do coñecemento e dos medios de producción. Sin ir mais lonxe, a compañía MONSANTO pretende patentar os coñecementos colectivos da humanidade relacionados coa agricultura tras 14.000 anos de busca xenética baseada na selección masal, e tamén de uns 360 millóns de anos de selección natural,inherente á propia vida e mais a evolución.

Si desexades empregar este artigo, ou parte, non esquezades mencionar a fonte. O coñecemento e da humanidade, o respeto dos homes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...