31 jul 2011

Galiza como África: Supeditada e sometida polo colonialismo.

O somentemento dos pobos a unha subxugación,  dominación e explotación extranxeiras constitue unha  denegación dos dereitos humans fundamentais, é contraria á Carta das Nacións Unidas e compromete a causa da paz e da cooperación mundiais.(*)
 

Tiven a sorte de atopar, como quen atopa un billete de 100 pavos na beirarúa, un artigo da exministra de cultura e Turismo de Malí, Aminata Traoré, que estaba encabezado con un:
África padece las consecuencias sociales de un sistema neoliberal predador en el que los países ricos nos dictan qué producir para alimentar sus fábricas y mercados, y donde la mujer está valorada en función de su capacidad reproductora y como mano de obra barata en el campo”
Lembrei de pronto a China e suas mercas de terras no Sul de África (antaño mandabanse soldados para conqusitar, hoxe mandanse cartos co mesmo fin, que son aceptados por mandatarios que desposuen da terra ós seus pobos  , e como un lóstrego, viñeronme o miolo as determiñantes condicionantes económicas e de producción impostas polos clusters da Unión Económica Europea para desenvolver as políticas económicas nos territorios asimilados por tal realidade.



“...no se haya querido enterar  que  la  difícil  situación  por  la  que  están  pasando  ahora  Grecia  y otros países periféricos de la UE la llevamos viviendo en África desde hace 20 años. La educación de calidad, la sanidad, el agua potable, todo, salvo el  aire,  se  ha  privatizado  porque  a  las  multinacionales,  la  banca  y  el  FMI solo  les  interesa  que  equilibremos  nuestras  balanzas  de  pagos  y exportemos barato”

Semella un calco da realidade económica da Galiza actual, onde priorizase a educación privada, que é privada na xestión, pero subvencionada cos cartos dos  impostos populares; pretendese o "copago" no sistema sanitario (1), a privatización das augas, onde o Partido Popular chegou a valorar un imposto sobre as augas pluviais(2), todo, todo está privatizado e normativizado para satisfacción das grandes empresas do capital. Así, a enerxía, que Galiza exporta, está gravada para os galeg@s polo estado español por un imposto especial; a eólica, evitouse que fora descentralizada nas entidades xestoras dos montes comunais e propios dos territorios para poñelo en mans das multinacionais exixindo unhas solvencias financieiras que non se lle piden a ningún cargo para poder exercer...



Sigue comentando Traoré que:
"a  nuestros  países,  sin  industria  ni comercio,  se  nos  fue  impuesto  un  modelo  de  desarrollo  que  solo  busca que alimentemos los mercados y las fábricas de los países ricos. Por tanto, a  esos  países  no  les  interesa  que  África  se  eduque,  sino  que  nos comportemos  como  exportadores  masivos,  produciendo  de  manera barata”.
Efectivamente, como ós paises colonizados de África, o Estado Español obriganos a producir aquelo que se demanda na Europa, globalizando os cultivos e sustituindoos polos ordeados por as multinacionais dos tranxénicos (3) e das sementes, evitando que poidamos  producir nosas propias varieades adaptadas, resistentes e adaptadas á nosa climatoloxía e que teñen unhas mínimas garantías de éxito; impoñendonos sistemas producivos onde prima a cantidade sobre a calidade e onde o factor humano e accesorio e está supeditado a fabricación (4) chegando a suspender os descansos en caso de avería da cadea de producción.. e non vou comentar agora a privatización do sistema sanitario que supoñen as Mutuas de Accidentes de Traballo, clientes das empresas e polo tanto supeditadas ós seus decires, nin a situación de abandono a que estamos sometidos os productores por parte da inspección de traballo, mais preocupada polas ceas cos empresas que por valorar a limpeza e equidade nas relacións do traballo...


Igual estendedome de mais, xo pretendía decir que Europa, a unión ECONÓMICA europea é parte da ruína de Galicia, que perde capacidade de desenvolver un sistema productivo propio, coherente, estable e sostible, e convirte o País en esclavo das multinacionais e do capital, submetendo ós seres humanos ós seus intereses.


Notas:

(*)Declaración sobre a concesión da independencia ós países e pobos coloniais das Nacións Unidas.
(1) O copago é un xeito eufemistico de chamarlle a pagar duas veces: Vostede paga seus impostos para manter o sistema sanitario e posteriormente volta a pagar cando vai a consulta.  Así vostede está penalizado por enfermar, pero non se bonifica a quen atopase sempre san...
(2) Lei de augas de Galicia
Posteriormente debe aboar certa cantidade de cartos cando merca menciñas ou acude ó seu centro de saude.De este xeito estará vostede sendo penalizado por enfermar pagando duas veces polo mesmo servizo. 
(3)Os sete pecados capitais de Monsanto
(4) Dende o punto de vista do capital, isto se lee ASÏ
Fonte do artigo orixinal: http://moncloaaravaca.portaldetuciudad.com/es-es/noticias/aminata-traore-en-la-clausura-del-curso-los-retos-de-la-educacion-en-la-sociedad-del-conocimiento-moncloaaravaca-006_2_7_236681_25.html on

Definicións:

Colonialismo
Dereito a autodetermiñación

Documentos:

Seis rasgos fundamentais da mundialización do capital.
Un novo colonialismo para o século XXI
Entrevista a Aminata Traoré

Manolo Canalla
nuevombre@live.com

O F.O.Ga non comparte necesariamente as opinións dos colaboradores do blogue.

19 jul 2011

Trece organizacións nacionais chaman a participar na manifestación de Causa Galiza, entre elas a F.O.GA


Representantes de trece organizacións soberanistas xuntáronse esta mañá na Praza de San Martiño Pinario da capital galega para mostrar o seu apoio á manifestación convocada por Causa Galiza para este 25 de xullo, que sairá ás 12:30 da Alameda de Compostela. As entidades, asinantes do Acordo Democrático Nacional (ADN) presentado o pasado 18 de decembro en Pontevedra, destacaron nun manifesto a necesidade de “construír un proceso de acumulación de forzas políticas, sindicais e sociais nacionalistas”, algo “imprescindíbel” no actual contexto de crise.
Membros de Adiante, Assembleia da Mocidade Independentista, Ateneu Proletário Galego, Ceivar, Colectivo Nacionalista de Marín, Central Unitaria de Traballadores/as, Espaço Irmandinho, Frente Popular Galega, Fronte Obreira Galega, Movemento pola Base, Partido Comunista do Povo Galego, Redes Escarlata e Siareir@s Galeg@s reuníronse hoxe na compostelana Praza de San Martiño Pinario para facer un chamamento a participar das actividades convocadas por Causa Galiza, por quinto ano consecutivo para este Día da Patria.
Diante do mosteiro que foi o último reduto da Revolución Galega de 1846, Tino Lago, en representación da Fronte Obreira Galega, deu lectura a un manifesto no que os colectivos asistentes se reafirmaron no compromiso de construír un novo escenario político en que o soberanismo galego gañe referencialidade política, introdución social e liderado para condicionar a situación de Galiza. Fronte á vía estatutaria esgotada, as organizacións soberanistas e independentistas avogaron por “unha estratexia ruturista que faga frente con decisión e claridade á España e ao dominio do Capital”.
En consecuencia coa estratexia “de quen asumimos que a rutura co cadro constitucional español é condición imprescindíbel para un futuro de democracia e liberdade”, os asinantes do ADN fixeron un chamamento á sociedade galega “para participar masiva e activamente” na manifestación convocada por Causa Galiza para este 25 de xullo ás 12:30 na Alameda de Compostela.

17 jul 2011

Convocatoria e Manifesto 25 de Xullo.

MANIFESTO DÍA DA PATRIA 2011

Un ano máis, a iniciativa Causa Galiza sae á rúa para facer visíbel que no noso País existe unha masa crítica soberanista, un conxunto de individualidades e de colectividades que non acredita nen no actual marco xurídico-político nen no sistema socio-económico que o sustenta.
Este polo de resistencia pode ser pequeno, pode parecer feble, pero conta coa inquebrantábel vontade de permanecer e medrar, de non se doblegar, de continuar a criar comunidade nacional, de proseguir na articulación de ferramentas de autoorganización que traian máis Pobo e máis conciencia. Eis a nosa fortaleza, eis a garantía de supervivencia de Galiza como Nación: unha parte do Pobo non renunciará xamáis a exercer a súa nacionalidade e ademáis loitará polo exercicio dos dereitos políticos que nos corresponden.
Que a falta de soberanía está no cerne dos problemas sociais e económicos que asolagan ao Pobo Traballador Galego é unha evidencia palpábel e particularmente visíbel neste intre no que, de costas aos pobos, os gobernos dos Estados e da UE, están a acometer reformas sobre as relacións laborais, os
mercados, os salarios, etc.
Que a soberanía real abarca moito máis do que a consecución dun Estado propio é outra realidade para nós evidente, agora que asistimos á claudicación dos Estados-títere face as directrices de organismos como o Fundo Monetario Internacional, que furtando a soberanía dos Pobos toman nas súas mans os destinos de millóns de traballadoras no mundo. Aspetos fundamentais para un pobo como poden ser o control, produción e distribución de alimentos -Soberanía Alimentar- e o control, distribución e produción de enerxía -Soberanía Enerxética- négansenos sistematicamente.
Que a burguesía internacional e a española e os seus axentes en particular, casta parasitaria e reaccionaria acostumada a vivir a conta dos fondos públicos, precisa perpetuar a súa opresión sobre a Galiza e as outras nacións oprimidas do Estado – sacralizada na Constitución Española de 1978 - , para continuar a expoliar os nosos recursos, para apropiarse dos recursos públicos e para incrementar a sobreexplotación das clases traballadoras, resulta unha terceira evidencia que se traduce na teimosa fobia que expresan face a calquera
movemento de avanzo dos movementos nacionalistas, face a calquer paso en firme cara á plasmación prática do dereito a decidir.
Estas son as tres permisas a partir das cais CAUSA GALIZA recalca, novamente, que a socialización do dereito de autodeterminación non é apenas a reivindicación en abstracto da aplicación dun dereito democrático básico, senón a aposta política, firme e contundente, de por enriba da mesa, como unha
cuestión fundamental e irrenunciábel, o eixe vertebrador para calquera transformación de fondo, para calquera cambio nas estruturas políticas e económicas que redunde na mellora das condicións de existencia
dunha maioría social, o Pobo Traballador Galego, sobre cuxas costas pretenden refundar o seu Capitalismo, e sobre o que a burguesía española pretende recuperar as súas marxes de beneficio. Unha vella consigna máis vixente que nunca: A SOLUCIÓN: AUTODETERMINACIÓN.
Causa Galiza non acredita en discursos derrotistas verbo da capacidade do Pobo Galego para loitar e avnzar. Moito menos en “discursos rebaixados” para autoxustificar o sometemento ao marco xurídico- político español e ao sistema económico capitalista baseadas na suposta incomprensión popular diante dun
discurso soberanista. Ninguén pode entender o que non se explica, ninguén pode apoiar un programa que non se presenta.
Nós, como CASTELAO, temos fe no noso Pobo, porque o noso Pobo, non xa historicamente, senón agora mesmo, ao longo deste último ano, ten dado sobradas mostras de combatividade e coraxe, nas folgas xerais, nos conflitos en defensa do territorio e sobre todo demostra que, nas peores condicións posíbeis,
mantén viva a identidade nacional face ao asimilacionismo españolista.
España e o Capital, as dúas caras da mesma moeda, non teñen para nos ofrecer outra cousa que miseria, humillación e destrución e estas receitas están na base mesma da súa estrutura, non poden funcionar doutro xeito. Agora menos do que nunca, non poden facer nengunha concesión, non poden dar nengunha
tregua, están loitando por sobreviver a costa de redobrar o seu carácter represivo e antipopopular.
Desde CAUSA GALIZA apostamos por acumular forzas en torno á reivindicación soberanista, que non é outra cousa que o dereito desta Nación asoballada e aldraxada, desta PATRIA de operarias mortas no traballo, de labregas caídas na emigración, de homes e mulleres que sufren longo unha historia contada
noutra lingua, a tomar o ceo por asalto, a TOMAR NAS NOSAS MANS O NOSO PROPIO DESTINO e construir, con materiais eternos, unha terra sen amos, unha Galiza Ceibe e verdadeiramente popular.
O futuro é noso.
Viva Galiza Ceibe e Popular!.

O 25 de Xullo, ás 12:30 na Alameda de 
  Compostela,  
cheos de humor, amor e optimismo!!!

15 jul 2011

O Naval e a TAX LEASE

Por Manolo Canalla.

Ben sexa por un destes peculiares artificios financieiros que vimos descubrindo con asombro nos últimos meses, por unha opción por unha terceira reconversión Naval, ben sexa por unha xestión inadecuada dos recursos, o caso é que temos un problema.Un gran problema. Si se dera o caso de que o Asteleiro Barreras pechara, perto de 10.000 operarios quedarían sin carga de traballo na bisbarra de Vigo, bisbarra que leva sendo precarizada dende hai anos mediante deslocalizacións, subcontratacións de terceiro nivel, ERE's ficticios... que siñifica que 10.000 operarios non so abandoarán o sector produtivo para pasar a unha situación de desemprego en intres nos que o Indice de desemprego é de mais do 20%, 10.000 familias, deixaran de ser parte da cadea económica que supón manter un mercado inmobiliario, o comercio, o lecer... desaparecerán de pronto 10.000 familias de consumidores ... que a tres membros por familia son 30.000 persoas, que é nada menos que o 10% da poboación de esta cidade.
http://www.elmundo.es/elmundo/2011/07/14/galicia/1310646430.html

Parece que de algún xeito, o problema inicial é a desaparición dos incentivos fiscais á "TAX LEASE", que é un xeito peculiar de financiación (algo parecido ó Leasing) que empregase tanto na construcción naval como na aeronautica etc etc.
O caso, o sorprendente, é que salta á vista que esta "Tax Lease" xenera beneficios non só fiscais para os grandes manexadores de capital ( de xeito que o resto dos contribuintes temos que facer unha maior aportación ó erario público para que o estado obteña os mesmos cartos) senon que estes traficantes de cartos xeran beneficios que rondan o 20% do capital en 3 anos.... ( escoitastes ben, o mesmiño que vos dan a vos no banco.. non si?)
Francamente é tediosa a explicación de que son as AIE e o sistema en si, polo que remitimosvos ás fontes directas dos artigos para que fagadesvos cargo de como funciona o sistema económico-financieiro na construcción naval.(As enlaces ó final do texto)
Como comentaba esta mesma tarde un compañeiro de Barreras..." Para outros hai axudas, nos tamén as queremos para nos, que o único que está a facer o Estado é financiar a unha banca que nin siquera produce valor engadido, e nin nos proporciona os servizos que merecemos".
Lembrar, que para o Xoves 21 de Xullo, está convocada unha manifestación unitaria en defensa do Sector Naval que ha de partir as 20:00 dende a Vía Norte.

Os prometidos enlaces: 

7 jul 2011

Do Ludismo á restricción de dereitos na era dixital. ( A SGAE e sua PN)

Do Ludismo á restricción de dereitos na era dixital.
Por Manolo Freiría.

Foi a conta de que me agasallarna con este video (link) de un tren que facía a sua provia vía que viume ó miolo o movemento Ludista, xurdido a inicios do século 19 na Inglaterra ou como queira que lle chamen. (Ludismo) Efectivamente, o capital mediante o invento das máquinas desfaciase - coma hoxe- do maior problema que ten a hora de xerar plusvalías: Os traballadores e mais a clase obreira. As máquinas son eficientes, non cansan, paganse somentes unha vez e non reivindican. Pouco mais podese pedir a hora de levar adiante calqueira tipo de producción.
Os humanos quedamos desposeidos da forza de traballo, e por ende, da posibilidade de obter o sustento e as necesidades básicas a cambio do intercambio de forza por cartos.
O coñecemento está na man dos inxenieiros, que empregan unha pequena cantidade de man de obra para elaborar as máquinas e mantelas no seu punto.
A estas alturas ainda calqueira pode prender un chisco de lume, forxar unha peza e rectificala para construir un mecanismo. BUENO: Non está todo perdido. Si nos queremos podemos -co esforzo reglamentario- fabricar e modificar a máquina para facer o traballo.
Para protexer a inversión do inventor, constituiuse un elemento xurídico que foi denominado patente, que curiosamente, é un dereito negativo, según o cal, o estado proporciona unha exclusividade da tecnoloxía inventada a quen lle saiu do miolo, limitando seu uso a terceiros.
Os anos pasan, a tecnoloxía faise cada vez mais complexa... e o concepto e dereito das patentes manteñense.
Como queira que o dereito da patente atinxe tanto os produtos tanto materiais como inmateriais....co avanzo da microinformática, alguén decide que a cultura e o coñecemento é privativo e propiedade do seu inventor.
Efectivamente, nosos próceres, que tanto nos defenden de nos mesmos, permiten patentar o coñecemento... e é eiquí onde ía.
A conta (tan actual por certo) da intención dos autores de non permitir que o coñecemento sexa transmitido, deixe de ser patrimonio da humanidade, alguén realiza unha parodia baseada nun texto de Richard Stallman chamada a máquina de copiar xamóns...


O artigo seminal dos dereitos de copia e dos dereitos de acceso ós recursos do Software escribiunos o dito Stallman aló polos 70's no artigo "A máquina de duplicar pan" e mais a anguriante historia, tamén escrita por Stallman no 97 "O drereito a ler"
Non sei si son quen de amosar a dimensión do entramado no cal atopamonos inmersos, ou pola contra estou sumido na miña propia alucinación.


O caso é que as máquinas realizan a producción e polo tanto os humanos non temos traballo, e polo tanto non temos sustento.
Restrinxesenos o acceso ó coñecemento, e por ende, ós medios de producción.
Vulnerase a declaración dos dereitos humanos restrinxindonos o acceso ó traballo e a vivenda ( e de iso sabemos moitos)... e de seguires por este camiño, en breve, restrinxirasenos o dereito incluso a unha sanidade pública, gratuita, universal e de calidade.

Ti elixes si tomarás a pildora azul ou a vermella.
Unha delas non che fará nada... a outra... farache sentir na carne o lacerante lume da realidade onde estamos inmersos.

Saude e ánimo. O futuro é noso. Só temos que asilo.

PD: As multinacionais e o capital, non so se apropian do coñecemento e dos medios de producción. Sin ir mais lonxe, a compañía MONSANTO pretende patentar os coñecementos colectivos da humanidade relacionados coa agricultura tras 14.000 anos de busca xenética baseada na selección masal, e tamén de uns 360 millóns de anos de selección natural,inherente á propia vida e mais a evolución.

Si desexades empregar este artigo, ou parte, non esquezades mencionar a fonte. O coñecemento e da humanidade, o respeto dos homes.

5 jul 2011

Caso BATERAGUNE:

"Caso Bateragune"
O nacionalismo de esquerda no banco dos acusados.Martes 28 de xuño de 2011.
Fonte do Artigo en: Nodo50.org
O 09 de outubro de 2009 A policía española detivo no sur Euskal Herria 10 membros da Esquerda
abertzale . O goberno español acusa de intentar reconstruír seguindo ordes ETA   a Batasuna. Pero tanto o nacionalismo de esquerdas como distintos partidos políticos bascos foron rápidos en negar  estas alegacións e confirmar que este grupo de persoas se preparaban as bases para un gran debate, unha nova oportunidade para a paz. Un debate sobre a futura estratexia da abertzale Esquerda.
A acusación do goberno baseado na interpretación de documentos considerados por expertos da policía na investigación de Esquerda abertzale e a súa historia. Esta é a única proba presentada polo Goberno.

Como na África do Sur no xuízo por traizón contra o Congreso do Pobo, o único elemento de acusación será a interpretación de documentos por parte de policías e membros do Ministerio Público. Como en África do Sur por 50 anos detrás de calquera documento que foi unha "conspiración comunista" agora no Estado español detrás de calquera documento da organización é unha "conspiración terrorista". O tribunal rexeitou a presenza de varias testemuñas nacionais e internacionais que queren testemuñar sobre o debate que esas persoas estaban tentando avanzar dentro do abertzale á esquerda.
Está claro que este grupo de persoas se preparaban as bases do debate estratéxico que o nacionalismo de esquerdas, a pesar das prisións, realizadas nos próximos meses. Este debate foi publicado e as súas conclusións son ben coñecidos.  A Esquerda
Abertzale optou por unha estratexia a ser desenvolvido exclusivamente pola política e democrática. Mentres tanto ETA declarou unha tregua unilateral permanente, ampla e verificable pola comunidade internacional. O partido nacionalista de esquerda política presentou a Sortu, que rexeita a violencia. Bildu ( coalición Eusko Alkartasuna , Alternatiba esquerda e independentes) recibiu 315.000 votos e converteuse na segunda forza política en Euskal Herria.
Pero Arnaldo Otegi, Sonia Jacinto, Miren Zabaleta e Arkaitz Rodriguez aínda están no cárcere, e no próximo 27 de xuño serán xulgados con Rafa Diez, Amaia Esnal, Moreno Txelui e Manuel José Serra baixo a acusación de pertencer ao ETA.
O fiscal pediu a cada un deles de 10 anos de prisión baixo a acusación de: seren membros de "bateragune" e este á súa vez, ser "o marco para a construción do acumulación de poder en favor da soberanía, baixo o mando do ETA" Por outra banda, acusa o promotor de ter como obxectivo "traer enfrontamento político ó  seu punto máis alto."
Este novo ataque legal debe ser entendido na situación presente, como un ataque ao proceso en curso e un intento de obstaculizar o seu desenvolvemento. Este proceso é imparable, e este tipo de acción xudicial só pode ser entendida como unha tentativa de retardar o seu desenvolvemento, tratando de debilitar a esquerda abertzale e introducir elementos na corte política.



Os detidos:

 Arnaldo Otegi MondragónUn dos líderes máis prominentes da abertzale Esquerda. Na prisión desde outubro de 2009 por "no caso de Bateragune". Arnaldo Otegi foi detido e condenado na década dos 80 pertencentes á ETA. Cumpriu a súa sentenza e foi lanzado en 1993. En 1997. despois da prisión do (Comité Executivo do Herri Batasuna) Mesa Redonda Nacional de Arnaldo Otegi foi nomeado portavoz do consello nacional novo. Desde entón, un membro da referencia abertzale Esquerda. Ten participado en varias negociacións de paz co obxectivo de resolver o conflito. El foi preso tres días despois do remate do proceso de paz anteriores en xuño de 2007 por un acto de homenaxe a José Miguel Ordenana Argala (ETA morto por BVE,  paramilitares financiados polo estado español) e permaneceu en prisión ata 2008. Antes do inicio do proceso de paz tamén foi detido e enviado a prisión, sendo liberado baixo fianza.
Rafa Diez UsabiagaPrendido durante a operación contra Bateragune, é un ex-Secretario Xeral da abertzale LAB, un membro da FSM. Participou como consultor en 1987 as negociacións de paz en Alxeria desenvolvidos entre o goberno español ea ETA.
Na mesma operación tamén foron presos, Sonia Jacinto, Arkaitz Rodríguez, Miren Zabaleta, Amaia Esnal, Txelui Moreno e José Manuel Sierra.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...