9 oct 2010

Reforma Laboral




novas BOLETÍN ESPECIAL sobre a REFORMA LABORAL Outubro de 2010
Despois do éxito da Folga Xeral do 29 de Setembro, e escoitada a resposta do goberno de que non vai a mover unha coma de esta reforma laboral. E necesario seguir mobilizándose e obrigar ao goberno a rectificar. Preparándonos para vindeiras xornadas de Folga Xeral, as cales estamos obrigados a afrontar. O esforzo feito para paralizar o estado, non se entendería, senón houbera mais mobilizacións. E para borrar algunha dúbida que poida quedar facemos este F.O.GAnovas cos puntos mais lesivos para os traballadores.E antetodo GRAZAS A TODOS OS QUE SECUNDACHEDES A FOLGA.

 

 
DESPIDOS 1
  • Non se modifica o contrato indefinido ordinario que da dereito a indemnización de 45 días por ano traballado cun máximo de 42 mensualidades
  • Pero sí se facilita o despido objetixo*, cunha indemnización de 20 días por ano traballado e un máximo de 12 mensualidades
    DESPIDOS 2
  • *despido obxetivo: para esta modalidade de despido as empresas non teñen que alegar perdas económicas reais, senón as "previstas" ou unha "diminución persistente do seu nivel de ingresos" ou incluso xustificar os despedimentos co fin de "previr unha evolución negativa da empresa ou mellorar a situación da mesma" e dicir, si se prevé que non se vai a contar cunha determinada subvención ou axuda económica, se poden acoller a esta modalidade de despido…
    Antes de esta reforma, si un despido obxetivo era considerado nulo conlevaba a readmisión inmediata do traballador ou traballadora. Coa nova reforma, só se considerará "improcedente"

     
    Despido colectivo ou obxetivo
  • O Estado subvencionará a cargo do FOGASA parte de este tipo de despedimentos.
    (8 días por ano traballado ou 40% da indemnización para empresas con menos de 25 traballadores).
  • Xa non só se subvenciona ás empresas por crear emprego senón que agora se bonifican por despedir.

     
    CONTRATO DE FOMENTO DO EMPREGO INDEFINIDO 1
  • Esta modalidade de contratación ten unha indemnización por despido improcedente de 33 días por ano traballado, ata un máximo de 24 mensualidades, menos da metade do fixo ordinario (vixente ata agora).
  • Se subvenciona igualmente o despido improcedente con 8 días por ano traballado, có que o empresario tería que pagar, no peor dos casos 25 días por ano traballado, no lugar dos 45 dos contratos indefinidos ordinarios habituais ata esta reforma.
  • O efecto sustitución de traballadoras e traballadores con contrato ordinario por traballadoras e traballadores có novo contrato de fomento de emprego indefinido é inevitable a medio prazo.
  • Si o despido é obxetivo, no 2015 custará o mesmo despedir a unha persoa con contrato temporal que a outra cun contrato fixo.


     

     
    CONVENIOS COLECTIVOS 1
  • "A dirección da empresa, cando existan probadas razóns económicas, técnicas, organizativas ou de produción poderá acordar modificacións sustanciais das condicións de traballo", aínda que estiveran recollidas no convenio colectivo en vigor.

     

     
    CONVENIOS COLECTIVO 2
    Poderanse facer esas modificacións nas seguintes materias: xornada de traballo, horario e distribución do tempo de traballo, réxime de traballo a quendas, sistema de remuneración, sistema de traballo e rendemento e funcións.
        Poderá recorrer o mesmo método para que non se apliquen os acordos salariais do convenio.
        O empresario poderá ignorar o convenio en todos eses aspectos si iso beneficia á empresa.
    SECTOR PÚBLICO 1
  • Ábrese a porta a que as ETT's xestionen emprego que ata agora só se realizaba a través da administración pública - a través de oposicións, listas de contratación (pensemos en sectores como a educación, ea sanidade…)- o que implica que as persoas contratadas terán peores condicións laborais.
  • Créanse as Axencias de Colocación: primeiro paso para a privatización do Servizo Público de Emprego, que pasará a ser un negocio prestado por entidades privadas pagado polo erario público. As persoas paradas se converterán en obxeto de negocio para empresas privadas.
        O máis preto que temos xa para entendelo: as mutuas privadas.
    CONCLUSIONS
  • O paro non vai a atopar solución con esta reforma.
  • Facilita o despido das persoas traballadoras con contratos indefinidos ordinarios, o facilitar que as empresas se baseen no despido obxetivo.
  • Bonifica con cartos público os despidos.
  • Facilitase a os empresarios ignorar os convenios colectivos.
  • Abaratase ata un 60% o custe do despido improcedente unha persoa con contrato indefinido.
  • Facilitase a destrución de emprego público fixo.
  • Ábrese a porta á privatización dos servizos públicos de emprego.
  • Elimínanse as restricións das empresas de traballo temporal (ETT's) para acceder a contratos no sector público e nos sectores con traballos perigosos..
    Manifestarse en contra de estas decisións SERVE
  • No 1988 a folga xeral é un éxito e o goberno de entón retira a reforma laboral.
  • No 2.002 a folga no consegue o mesmo seguimento, pero o goberno retira o 80% das medidas da reforma laboral proposta por aquel entón.
  • A folga do 8 de xuño contra o recorte salarial do funcionariado é un fracaso, pero a do persoal do Metro de Madrid, é un éxito e non se lles aplican os recortes salariais que o goberno madrileño pretendía.
  • Ata o momento só os banqueiros e a patronal presionan para defender os seus dereitos. As traballadoras e traballadores tamén temos dereito a presionar polos nosos.
  • As folgas, incluídas as xerais, son un procedemento lexítimo para poder facelo. Prohibilas, como propón algún partido, o tratar de desactivalas equivale a permitir que só os máis ricos e poderosos poidan presionar o resto da sociedade e a os gobernos.

     

     
  • Os bancos fixeron folgas de "préstamos caídos" freando o desenrolo da actividade económica durante meses eludindo o fisco actuando en paraísos fiscais. As grandes empresas se levan os capitais a outros países para non facer fronte aquí as súas obrigas legais. O vicepresidente do BBVA ameazou o Estado o dicir que non se poden tomar medidas que non conveñan á banca….
  • A situación dos traballadores e traballadoras galegas se deteriora sen cesar como consecuencia das políticas gobernamentais.
  • España é o único país da OCDE onde os salarios diminuirón nos últimos quince años.
  • Os beneficios das grandes empresas españolas aumentaron un 73% de 1999 a 2008 (o dobre que as da Unión Europea dos 15) mentres que os custes laborais só subiron o 3,7% (a metade que na UE-15).
  • España segue á cola no gasto social en relación có PIB, o que significa que segue realizando menos esforzo para financiar os dereitos e o benestar das clases traballadoras.
  • De 2007 a 2009 o número de pobres aumentou en España nun millón, mentres que o número de persoas que teñen activos por valor de máis de un millón de euros elevouse nun 12%.
    Que mais queres que che contemos para darte conta de que con esta reforma laboral non existen empresarios senón amos, e non hai traballadores senón escravos. Acaban de darlle para atrás aos nosos dereitos e dos nosos fillos 30 anos.
Se os traballadores de este pais non nos mobilizamos, agárdanos novos recortes que empeorarán as nosas condicións de vida aínda máis.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...