26 dic 2010

Mobilizacións dos traballadores de Recalvi Autos en Vigo

Os 20 traballadores da empresa viguesa Autos Recalvi, antiga Talleres Barreiro, comezaron o día 23 as mobilizacións de protesta pola presentación do concurso de acredores previo ao ERE extintivo que afectará a todo o plantel. Entre as 13.30 e as 15.30 horas, coincidindo co horario de comida, permaneceron concentrados na porta das instalacións na Avenida de Madrid para reclamar a recolocación ou o cobro de indemnizacións.



O concesionario Fiat xa lles comunicou que non cobrarán indemnizacións, nin o salario de decembro nin a extra correspondente.











Povos en loita, seleccións irmás

15 dic 2010

O F.O.GA presente no manifesto pola liberdade de Otegi

Beiras e Ferrín, acompañados polo exdiputado europeo Camilo Nogueira e a avogada vasca Doris Benegas, presentaron un manifesto a favor da liberdade de Otegi na galeria Sargadelos de Vigo, no que apoian postulados como o que segue:

O mantemento do Señor Arnaldo Otegi no cárcere supón obxectivamente privar ao pobo vasco dun dos seus principais líderes, unha das persoas que máis poden aportar para que o proceso histórico actual avance dun xeito xusto e firme".

Ó acto de apoio á liberdade de Otegi, asistiron diversas organizacións da esquerda e do nacionalismo Galelo, entre elas o F.O.GA.

ESPAÑOIS, ¿SODES IDIOTAS?

9 dic 2010

Wikileaks

Wikileaks é unha organización sen ánimo de lucro adicada a traer a medios de noticias a información importante para o público.
Fornecense de un xeito innovador, segura e anónim de información de fontes independentes de todo o mundo para baleirar información para os xornalistas para que sexa difundida.
Wikileaks publica material de valor ético, político e histórico, mantendo a identidade das fontes anónimas, proporcionando así un camiño universal para a revelación de inxustizas reprimidas e censuradas.
Para atopar estas informacións teclea no teu metabuscador: Wikileaks
ou ben, fai click no enlace actual: WIKILEAKS
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...