28 sept 2010

29 de Setembro ""FOLGA XERAL""

!NON NOS CALAREMOS¡
Non fomos nós quen provocamos esta crise.
Hai outras solucións. Temos que falar das mentiras desta crise que emprega o goberno como escusa para ir adiante con esta reforma que ataca os nosos dereitos como traballadores, e o noso benestar e o dos nosos fillos.
O desemprego no 20%, precarización xeralizada, recortes en todos os ámbitos sociais e nos servizos públicos, aumento da pobreza.
¿ PÓDESE VIVIR ASÍ ?
¿ Como imos aceptar esta reforma laboral para vivir sempre pior ?
Esta reforma non é mais cunha enorme transferencia de cartos dos mais pobres cara os mais ricos. Estes enchen as nosas vidas con dúas palabras DIFICULTADES E SACRIFICIOS, son palabras para silenciarnos, pero ! NON CALAREMOS ¡
Non fomos nós, traballadores da Galiza, quen provocamos esta crise. Temos que pedir reformas para quen nunca pasa dificultades e sempre nos pide sacrificios. Estes son os especuladores que nada producen, os bancos que non pagan os impostos que deben, as fortunas inmensas que non contribúen, para eles a reforma laboral e un inmenso e enorme negocio. Agora que a esperanza esmorece, que a pobreza nos lastra e que o futuro e escuro temos que saír a rúa pola solidariedade da clase traballadora, polo compromiso cos máis desfavorecidos, a dar a alternativa ao empobrecemento brutal da maioría da poboación.
Loitemos por un mundo que defenda o emprego digno e dea prioridade aos mais pobres, loitemos pola xustiza social e os servizos públicos, esa é a revolución que está por chegar, e estar aquí loitando contra está reforma laboral é o primeiro paso.
Defendamos a quen esta a sufrir os vaivéns dunha economía desgobernada. Se esta reforma vai cara adiante, este será un país que se abandone á pobreza, converterémonos nunha sociedade que deixe aos mais febles atrás. Unha sociedade incivilizada protexe a quen vence por riba do coidado humano, por iso imos a loitar contra os abusos e as inxustizas do goberno.
! CONTRA A REFORMA LABORAL, LOITA OBREIRA ¡


Seguemento masivo da folga en vigo e igualmente masivo de militantes e simpatizantes do F.O.GA
Co lema !NON NOS CALAREMOS! O F.O.GA repartiu mais de un milleiro de panfletos explicando que "nos" os traballadores non temos a culpa desta crise, e que non temos que ser nos quen a pague pola via desta inxusta reforma laboral.

O lema calou na sociedade viguesa que cada vez mira mais de preto o F.O.GA, foi por iso que cada vez mais e mais xente únese nos actos representados por iste partido.

Contra as inxustizas do capitalismo "BERRO OBREIRO"      
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...