31 jul. 2011

Galiza como África: Supeditada e sometida polo colonialismo.

O somentemento dos pobos a unha subxugación,  dominación e explotación extranxeiras constitue unha  denegación dos dereitos humans fundamentais, é contraria á Carta das Nacións Unidas e compromete a causa da paz e da cooperación mundiais.(*)
 

Tiven a sorte de atopar, como quen atopa un billete de 100 pavos na beirarúa, un artigo da exministra de cultura e Turismo de Malí, Aminata Traoré, que estaba encabezado con un:
África padece las consecuencias sociales de un sistema neoliberal predador en el que los países ricos nos dictan qué producir para alimentar sus fábricas y mercados, y donde la mujer está valorada en función de su capacidad reproductora y como mano de obra barata en el campo”
Lembrei de pronto a China e suas mercas de terras no Sul de África (antaño mandabanse soldados para conqusitar, hoxe mandanse cartos co mesmo fin, que son aceptados por mandatarios que desposuen da terra ós seus pobos  , e como un lóstrego, viñeronme o miolo as determiñantes condicionantes económicas e de producción impostas polos clusters da Unión Económica Europea para desenvolver as políticas económicas nos territorios asimilados por tal realidade.



“...no se haya querido enterar  que  la  difícil  situación  por  la  que  están  pasando  ahora  Grecia  y otros países periféricos de la UE la llevamos viviendo en África desde hace 20 años. La educación de calidad, la sanidad, el agua potable, todo, salvo el  aire,  se  ha  privatizado  porque  a  las  multinacionales,  la  banca  y  el  FMI solo  les  interesa  que  equilibremos  nuestras  balanzas  de  pagos  y exportemos barato”

Semella un calco da realidade económica da Galiza actual, onde priorizase a educación privada, que é privada na xestión, pero subvencionada cos cartos dos  impostos populares; pretendese o "copago" no sistema sanitario (1), a privatización das augas, onde o Partido Popular chegou a valorar un imposto sobre as augas pluviais(2), todo, todo está privatizado e normativizado para satisfacción das grandes empresas do capital. Así, a enerxía, que Galiza exporta, está gravada para os galeg@s polo estado español por un imposto especial; a eólica, evitouse que fora descentralizada nas entidades xestoras dos montes comunais e propios dos territorios para poñelo en mans das multinacionais exixindo unhas solvencias financieiras que non se lle piden a ningún cargo para poder exercer...



Sigue comentando Traoré que:
"a  nuestros  países,  sin  industria  ni comercio,  se  nos  fue  impuesto  un  modelo  de  desarrollo  que  solo  busca que alimentemos los mercados y las fábricas de los países ricos. Por tanto, a  esos  países  no  les  interesa  que  África  se  eduque,  sino  que  nos comportemos  como  exportadores  masivos,  produciendo  de  manera barata”.
Efectivamente, como ós paises colonizados de África, o Estado Español obriganos a producir aquelo que se demanda na Europa, globalizando os cultivos e sustituindoos polos ordeados por as multinacionais dos tranxénicos (3) e das sementes, evitando que poidamos  producir nosas propias varieades adaptadas, resistentes e adaptadas á nosa climatoloxía e que teñen unhas mínimas garantías de éxito; impoñendonos sistemas producivos onde prima a cantidade sobre a calidade e onde o factor humano e accesorio e está supeditado a fabricación (4) chegando a suspender os descansos en caso de avería da cadea de producción.. e non vou comentar agora a privatización do sistema sanitario que supoñen as Mutuas de Accidentes de Traballo, clientes das empresas e polo tanto supeditadas ós seus decires, nin a situación de abandono a que estamos sometidos os productores por parte da inspección de traballo, mais preocupada polas ceas cos empresas que por valorar a limpeza e equidade nas relacións do traballo...


Igual estendedome de mais, xo pretendía decir que Europa, a unión ECONÓMICA europea é parte da ruína de Galicia, que perde capacidade de desenvolver un sistema productivo propio, coherente, estable e sostible, e convirte o País en esclavo das multinacionais e do capital, submetendo ós seres humanos ós seus intereses.


Notas:

(*)Declaración sobre a concesión da independencia ós países e pobos coloniais das Nacións Unidas.
(1) O copago é un xeito eufemistico de chamarlle a pagar duas veces: Vostede paga seus impostos para manter o sistema sanitario e posteriormente volta a pagar cando vai a consulta.  Así vostede está penalizado por enfermar, pero non se bonifica a quen atopase sempre san...
(2) Lei de augas de Galicia
Posteriormente debe aboar certa cantidade de cartos cando merca menciñas ou acude ó seu centro de saude.De este xeito estará vostede sendo penalizado por enfermar pagando duas veces polo mesmo servizo. 
(3)Os sete pecados capitais de Monsanto
(4) Dende o punto de vista do capital, isto se lee ASÏ
Fonte do artigo orixinal: http://moncloaaravaca.portaldetuciudad.com/es-es/noticias/aminata-traore-en-la-clausura-del-curso-los-retos-de-la-educacion-en-la-sociedad-del-conocimiento-moncloaaravaca-006_2_7_236681_25.html on

Definicións:

Colonialismo
Dereito a autodetermiñación

Documentos:

Seis rasgos fundamentais da mundialización do capital.
Un novo colonialismo para o século XXI
Entrevista a Aminata Traoré

Manolo Canalla
nuevombre@live.com

O F.O.Ga non comparte necesariamente as opinións dos colaboradores do blogue.

1 comentario:

  1. Namentras agardamos a chegada do anxo da xustiza, seguemos mercando productos a baixo prezo de determinadas marcas( cada vez mais), porque despois de todo inda que nos dan moita pena, sempre mola ter un movil de ultima xeracion a coste 0; e falando de comercio xusto, coñecemos o prezo da xustiza. . Eu estou tentando cambiar.

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...