MANIFESTO DÍA DA PATRIA 2011
Un ano máis, a iniciativa Causa Galiza sae á rúa para facer visíbel que no noso País existe unha masa crítica soberanista, un conxunto de individualidades e de colectividades que non acredita nen no actual marco xurídico-político nen no sistema socio-económico que o sustenta.
Este polo de resistencia pode ser pequeno, pode parecer feble, pero conta coa inquebrantábel vontade de permanecer e medrar, de non se doblegar, de continuar a criar comunidade nacional, de proseguir na articulación de ferramentas de autoorganización que traian máis Pobo e máis conciencia. Eis a nosa fortaleza, eis a garantía de supervivencia de Galiza como Nación: unha parte do Pobo non renunciará xamáis a exercer a súa nacionalidade e ademáis loitará polo exercicio dos dereitos políticos que nos corresponden.
Que a falta de soberanía está no cerne dos problemas sociais e económicos que asolagan ao Pobo Traballador Galego é unha evidencia palpábel e particularmente visíbel neste intre no que, de costas aos pobos, os gobernos dos Estados e da UE, están a acometer reformas sobre as relacións laborais, os
mercados, os salarios, etc.
Que a soberanía real abarca moito máis do que a consecución dun Estado propio é outra realidade para nós evidente, agora que asistimos á claudicación dos Estados-títere face as directrices de organismos como o Fundo Monetario Internacional, que furtando a soberanía dos Pobos toman nas súas mans os destinos de millóns de traballadoras no mundo. Aspetos fundamentais para un pobo como poden ser o control, produción e distribución de alimentos -Soberanía Alimentar- e o control, distribución e produción de enerxía -Soberanía Enerxética- négansenos sistematicamente.
Que a burguesía internacional e a española e os seus axentes en particular, casta parasitaria e reaccionaria acostumada a vivir a conta dos fondos públicos, precisa perpetuar a súa opresión sobre a Galiza e as outras nacións oprimidas do Estado – sacralizada na Constitución Española de 1978 - , para continuar a expoliar os nosos recursos, para apropiarse dos recursos públicos e para incrementar a sobreexplotación das clases traballadoras, resulta unha terceira evidencia que se traduce na teimosa fobia que expresan face a calquera
movemento de avanzo dos movementos nacionalistas, face a calquer paso en firme cara á plasmación prática do dereito a decidir.
Estas son as tres permisas a partir das cais CAUSA GALIZA recalca, novamente, que a socialización do dereito de autodeterminación non é apenas a reivindicación en abstracto da aplicación dun dereito democrático básico, senón a aposta política, firme e contundente, de por enriba da mesa, como unha
cuestión fundamental e irrenunciábel, o eixe vertebrador para calquera transformación de fondo, para calquera cambio nas estruturas políticas e económicas que redunde na mellora das condicións de existencia
dunha maioría social, o Pobo Traballador Galego, sobre cuxas costas pretenden refundar o seu Capitalismo, e sobre o que a burguesía española pretende recuperar as súas marxes de beneficio. Unha vella consigna máis vixente que nunca: A SOLUCIÓN: AUTODETERMINACIÓN.
Causa Galiza non acredita en discursos derrotistas verbo da capacidade do Pobo Galego para loitar e avnzar. Moito menos en “discursos rebaixados” para autoxustificar o sometemento ao marco xurídico- político español e ao sistema económico capitalista baseadas na suposta incomprensión popular diante dun
discurso soberanista. Ninguén pode entender o que non se explica, ninguén pode apoiar un programa que non se presenta.
Nós, como CASTELAO, temos fe no noso Pobo, porque o noso Pobo, non xa historicamente, senón agora mesmo, ao longo deste último ano, ten dado sobradas mostras de combatividade e coraxe, nas folgas xerais, nos conflitos en defensa do territorio e sobre todo demostra que, nas peores condicións posíbeis,
mantén viva a identidade nacional face ao asimilacionismo españolista.
España e o Capital, as dúas caras da mesma moeda, non teñen para nos ofrecer outra cousa que miseria, humillación e destrución e estas receitas están na base mesma da súa estrutura, non poden funcionar doutro xeito. Agora menos do que nunca, non poden facer nengunha concesión, non poden dar nengunha
tregua, están loitando por sobreviver a costa de redobrar o seu carácter represivo e antipopopular.
Desde CAUSA GALIZA apostamos por acumular forzas en torno á reivindicación soberanista, que non é outra cousa que o dereito desta Nación asoballada e aldraxada, desta PATRIA de operarias mortas no traballo, de labregas caídas na emigración, de homes e mulleres que sufren longo unha historia contada
noutra lingua, a tomar o ceo por asalto, a TOMAR NAS NOSAS MANS O NOSO PROPIO DESTINO e construir, con materiais eternos, unha terra sen amos, unha Galiza Ceibe e verdadeiramente popular.
O futuro é noso.

Viva Galiza Ceibe e Popular!.
O 25 de Xullo, ás 12:30 na Alameda de
Compostela,
cheos de humor, amor e optimismo!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario