28 jun 2011

Flotilla da liberdade


O mércores 22 de xuño partiron os activistas da flotilla da liberdade e con eles os cinco galegos que forman parte dela.
O destino e un porto no Mediterráneo no que ultimar os preparativos en conxunto coa coalición internacional. Pode semellar secretismo ou afán clandestino non citar o porto de saída, cando a iniciativa é pública e pacífica. Máis compre non lembrar a tendencia do estado sionista a vulnerar a soberanía doutros estados con accións en forma de operacións negras (sabotaxes , secuestros, asasinatos….) contra os que eles estiman os seus nemigos. E hoxe esta iniciativa esta obligando a Israel a unha presión internacional diplomática que non pode permitir o seu éxito. Lembremos, como exemplo destas accións, a realizada en Dubai.
O grupo galego está a participar activamente no traballo previo á travesia. Máis a forza deste grupo vén no seu respaldo pola poboación galega e no importante equipo de terra que queda para dar fe do que aconteza e da reacción do Estado de Israel, cando posiblemente non podamos comunicar con Galiza. E sempre, pensando que o apoio que se presta é a poboación de Gaza, auténtica protagonista desta acción. Por eles e polo respecto á legalidade internacional, vulnerada a cotío por Israel.
Dende a Fronte Obreira Galega queremos mandar o noso máis cordial saúdo a estes homes e mulleres que desta maneira poñen o seu grao de area para acabar ca opresión capitalista que oprime o Estado Palestino.
POR UNHA PALESTINA CEIBE E SEN
OPRESIÓNS CAPITALISTAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...