28 sept. 2011

Tres Feridas

Por Manolo Freiría.



Fixome a prensa de hoxe tres feridas. A da morte, a da escasez e a da mentira.
A primeira foi a morte da ilusión no lider Boliviano Evo Morales. Atopei na sua elección unha ledicia fonda e veraz, a crenza de que existía a posibilidade de que un home electo, un POLÍTICO, transmitira e actuara en consonancia co desexo do seu pobo, das suas bases, da sua terra e natureza. As fotografías dos diarios e do televexo, amosaronme o 15M de Evo. Si, resistindome a creelo, porque non me petaba, mais que nada, o lider indixenista lanzaba as forzas violentas contra seu propio pobo, para evitar maiores males e violencia.
Decatome logo de que por moi indixenista que se diga un mandatario, en definitiva, remata empregando a violencia contra do seu propio pobo para facer prevaler a súa idea - ou a que lle mandan manter- xa non sei... e iso si, logo ordeará que para ser legal, debese renunciar o uso da violencia.
(Medrame a ferida intermedia... a dor de que sexa necesaria a autodefensa e bater tanto como nos indíxenas baten, nun ollo por ollo cicais exento de sentido, pero moralmente satisfactorio).
A mentira é un pecado capital, no sentido humano. Un home nace infectado co virus da vida e a virtude da verdade. En canto perde esta virtude, troca nun ORCO, nun non morto stokeriano, exento da sua condición de home, relegado e condenado a perpetuidade - porque non hai redención para os crimes contra dos irmáns humanos - a ser un simple e vil bípedo áptero implume. Coñezo a moitos de eses. Non os envexo, non. A FERIDA DA MENTIRA.




( O responsable destes actos sempre é o cacique de turno, sempre... sempre será culpable da violencia que exercen seus subordinados sobre o pobo.As disculpas a tempo pasado son auga de café usado.)

A ferida número dous foi a do déficit no cal incurrimos a partires do día de hoxe. 27 de Septembro do 2011. Os seres humanos xa consumimos os recursos que o Planeta é capaz de rexenerar nos 365 días de periplo arredor do pai Sol. Os habitantes do planeta quedamos a deberlle a Gaia 3 meses... e iso coas leis actuais é sentencia de deshaucio. Calqueria xuiz expulsaríanos do noso fogar: O Planeta Terra.. 3 meses de pufo... ainda que contemos coa ventaxa de que temos tan enmerdallada nosa casa que non existen candidatos a habitar este lugar... igual por iso nos deixan quedar un pouco mais, a ver si somos quen de aboar a débeda que temos cos nosos tataranetos, que é con eles con quenes a xeramos.
Non abonda, ademais, considerar exclusivamente a cantidade de CO2 xenerado reabsorbible, senon a capacidade de rexeneración da terra ( o chan ) e mais a sua capacidade e posibilidade de rexeneración. A comida dos humanos sae da terra, e xunto con ela a coexistencia da biodiversidade.E a BIODIVERSIDADE é a maior riqueza que temos neste planeta, que rematará o día en que todos estemos alimentados por máquinas e elementos sintéticos en xeito de píldoras. Doen a morte dos osos panda, e das pandas de baleas, pero mais debenos doer a desaparición das miñocas e das bacterias nitrificantes, deses pequenos bechiños que son para a terra como para nos o ar. ( A semiferida de hoxe é que respiramos un ar chungo chungo chungo, en xeral, pero non importa moito, porque purificalo significaría limitar o consumo, e entón, o parecer sería moi caro xa que non habería traballo para xente facendo autos e outros vendendo gasolina e outros facendo estradas e outros poñendo multas... un auténtico galimatías, que por tal, negome a aceptar, pero que parece que entende un organismo tan democrático como o FMI, e entón debe ser así) A FERIDA DA ESCASEZ.




A ferida número tres está na morte, non por ela en sí, senon pola ausencia. Temos recambio para as rodas dos autos, pero non para unha humana da categoría de
Wangari Maathai. Porque o Nobel da Paz ata conqueriuno un tal Obama, conquireo calqueira persoa negra de color negro, pero non se fabrican sustitutos nin clons para batallar con gallardía e impetu pola autoxestión do entorno e trocar este en sostible. Se non tedes leña, sementade árbores.
E nesta mensaxe atopase unha mensaxe impresionante para a humanidade enteira... se non tedes comida, sementadea, impedide que se apropien de ela; non aceptedes peixes, exixide redes, non queirades unha fábrica, buscade un traballo sostible... a semente de Wangari Maathai dí, así o entendo, que os recursos son limitados e como tales compre usalos. Que a riqueza do planeta é limitada, e que cando un acumula, quedase coa parte que tocalle a outro, ou ben no presente, ou ben no futuro. A FERIDA DA MORTE.


P.D: Os comentarios este video producenme unha notable repulsión, ata o noxo, e precisamente por kafkianos, vaime dar por telos en consideración..IN VINO VERITAS era antes, agora eche in televisión veritas... e como que non hai inferno creo que o que o enano -no sentido do irmá Celso Emilio Ferreiro- do tio este di é certo.



http://blogs.elpais.com/eco-lab/2011/01/como-se-calcula-la-huella-ecologica.html
http://www.wwf.es/noticias/informes_y_publicaciones/informe_planeta_vivo_2010/
foto: http://www.cuerpoyarte.com/2011-07-16/3193/tatuajes-de-heridas
http://es.wikipedia.org/wiki/Wangari_Maathai
http://www.elpais.com/articulo/internacional/Dimite/ministra/Defensa/Bolivia/represion/policial/marcha/indigena/elpepuint/20110926elpepuint_1/Tes
http://www.greenbeltmovement.org/w.php?id=59

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...