25 sept 2011

Cadernos de comunicación

http://www.cadernos.blogaliza.org
http://www.albadegroria.com


OS CADERNOS DA SEMANA

[NOVAS]


Segundo os datos, CADERNOS DE COMUNICACIÓN consolídase como medio de comunicación da diáspora

A Deputación da Coruña axudará á emigración en Brasil, Arxentina e Uruguai con 175.000 euros

O Centro Galego de Montevideo, o máis antigo do mundo, celebrou o seu 132 aniversario

A historia da emigración feminina, tras unha cámara

Nós seremos a nova Xeración da Diáspora", din os máis novos da literatura galega

Cinco artistas galegos ensinan a súa obra nunha mostra colectiva no Centro Galego de Madrid

A Diada máis galega de todas

María José Montero: "O galego é unha realidade no Bierzo, aínda que conteña algunhas variacións"

[ARTIGOS DE OPINIÓN]




EDMUNDO MOURE ROJAS

Discriminacións


A discriminación é a máis variada das negacións humanas. Podes discriminar á nai que te pariu, ao pai que fixo diana no óvulo da túa nai, ao avó que non che deixou herdanza, á avoa que preferiu a un irmán mimoso; é dado discriminar aos irmáns -menores, de preferencia- porque delatábante cando lle beliscabas o cu á Florinda, na despensa da Casa, ou recibían máis sobremesa da tía solterona-; cabe discriminar aos lisiados, aos feos, aos gangosos, aos peruanos, aos asiáticos de ollos rasgados (aos bobos non os discriminan; fano eles mesmos, por propia vontade e ás veces con orgullo), aos homosexuais e ás fillas de Lesbos, aínda que isto último atente contra a política correcta e os abundantes votos da súa cohorte.

Para ler máis, pulsa aquí

__________________________________________________
XOÁN ANTÓN PÉREZ LEMA

Outravolta o imposto do patrimonio




Nunha manifestación máis do seu xorne irreflexivo e pouco dado aos análises e matinacións o Goberno ZP ven de derrogar a exención do 100% que rexía no Imposto sobre o Patrimonio (IP) dende o 2007. Dende 2011 todos os que teñan un patrimonio superior a 700.000 € haberán pagar pola diferenza. Mais os que usen a xeito de vivenda habitual un inmoble da súa propiedade desfrutarán doutros 300.000 € adicionais de exención, manifestando a primeira fonda desigualdade desta reforma normativa: o que viva na casa propia verase beneficiado no canto de quen lle dea pulo ao mercado do alugueiro, arrendando a vivenda propia e vivindo de alugueiro ou na casa dun familiar.

Para ler máis, pulsa aquí

___________________________________________________

MANUEL SUÁREZ SUÁREZ
Galicia, entre Piriápolis e Tacuarembó

A historia da emigración galega ao Río da Prata indica claramente que foi un fenómeno social eminentemente urbano. A maioría dos nosos irmáns botaron raíces e buscaron abeiro nas urbes de Bos Aires e Montevideo. A capital da Banda Oriental do río Uruguai tivo sempre as portas abertas ao esforzo das nobres mans galegas que axiña se acriollaron arredor dun mate quente no fogón de Artigas.

Non hai rúa nin barrio montevideano sen unha familia galega que deixese alí a súa pegada sentimental; pero iso non significa que non houbese emigración máis aló dos lindeiros da cidade-porto que fundou o capitán Zabala o 24 de decembro de 1726.

Para ler máis, pulsa aquí

__________________________________________________
DAVID ROSAL RIVAS

Fondos europeos, onde?




O 1 de Xaneiro de 1986 producíase a adhesión de España á Unión Europea situándose o conxunto do Estado Español e Galiza en particular como un dos maiores receptores de fondos europeos destinados a acabar cos desequilibrios respecto do conxunto da Unión Europea.

2014 marcará o comezo do fin dás axudas europeas, rematando a condición de Galiza como “Rexión Obxetivo 1” o ter acadado unha renda superior o 75% da media, se ben este “logro” non debe ser entendido como sinal da tarefa ben feita, senón como resultado da ampliación da UE a 25 membros cá nova presenza de 10 socios con baixos niveis de renda.

Para ler máis, pulsa aquí

___________________________________________________

BOAVENTURA DE SOUSA SANTOS
Carta ás esquerdas

Non poño en dúbida que haxa un futuro para as esquerdas pero o seu futuro non vai ser unha continuación lineal do seu pasado. Establecer o que teñen en común equivale a responder á pregunta: que é a esquerda? A esquerda é un conxunto de posicións políticas que comparten o ideal de que os humanos teñen todos o mesmo valor, e son o valor máis alto. Ese ideal é posto en dúbida cando hai relacións sociais de poder desigual, é dicir, de dominación. Neste caso, algúns individuos ou grupos satisfán algunhas das súas necesidades, transformando outros individuos ou grupos en medios para os seus fins. O capitalismo non é a única fonte de dominación mais é unha fonte importante.

Para ler máis, pulsa aquí

__________________________________________________
MANUEL SUÁREZ SUÁREZ

Benvido ao teu fogar, Antón




O noso Batanciño non puido estar na Casa da Cultura de Vimianzo. Quería aplaudir con toda a forza das súas almancas no acto de homenaxe ao seu bo amigo Antón Mouzo Lavandeira. Semella que as novas autoridades municipais non perden o tempo e van pechando as moitas feridas ocasionadas durante a anterior longa etapa de tuzarismo institucionalizado.

O único fillo da familia Batán do Mosquetín quere que o alcalde Antelo Pazos xestione axiña coa Deputación que a nova xestión turístico-cultural para o seu fogar sexa responsabilidade municipal. Agora mesmo non ten un día libre. Cando pediu dúas horas para poder asistir ao acto de homenaxe a Antón, a resposta foi negativa.

Para ler máis, pulsa aquí

___________________________________________________

XOÁN ANTÓN PÉREZ LEMA
Obama ten un plan

Hai poucas semanas, Obama pactou reducións do gasto público coa dereita republicana, mesmo cos extremistas do TeaParty, para evitar o default da Facenda federal USA que esa dereita ameazaba xerar en Washington e que prexudicaría nomeadamente a empregados públicos, pensionistas e usuarios pobres do seguro Medicare.

Das resultas deste pacto, case todo o mundo daba por rematadas as veleidades keynesianas e socialdemocratizantes do primeiro Presidente negro da Unión. E moitos no Partido Demócrata miraban mesmo á Hillary Clinton como alternativa para as eleccións de novembro do 2012,.Mais resultou que Obama segue a ter un plan económico, moito máis preocupado pola reactivación económica e coa creación de emprego do que amosan as políticas de mero control da inflación e consolidación fiscal da Comisión Europea e BCE na Europa.

Para ler máis, pulsa aquí



[CONTACTA CON NÓS!]
infocadernos@gmail.com
albadegroria@gmail.com

Se non queres recibir esta información, fáinolo saber. Perdoen as molestias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...