25 nov 2010

PSA.plantea un ERE temporal que afectará a 2.000 personas

A factoria de PSA Vigo anunciou un ere temporal no 2011.

A dirección da planta de PSA-Citroën en Vigo trasladou onte ao comité de empresa, nunha reunión sobre as previsións de produción para o próximo ano, a posibilidade de negociar, en cuestión de semanas, un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) temporal que afectaría á totalidade dos traballadores da Liña 2, algo máis de 2.000 persoas.


Segundo explicaron fontes sindicais, a compañía anunciou onte neste encontro un recorte de produción de 22.000 unidades, que afecta, fundamentalmente á Liña 2, encargada de producir o Citroën C4 Picasso, no que traballan máis de 2.000 persoas.

O portavoz de SIT no comité de empresa, Alberto Priego, explicou , pese á formulación da empresa sobre a necesidade dun ERE temporal, os representantes dos traballadores non aceptaron a posibilidade de aplicar este procedemento sen antes negociar outras posibilidades, polo que a reunión concluíu sen ningún tipo de acordo e pendente dun novo encontro para perfilar alternativas.

Pola súa banda, o representante de UGT no comité de PSA, Rubén Pérez, destacou que en cuestión de semanas a empresa pasou ?de non querer falar de ERE? a presentarse directamente anunciando un. Do mesmo xeito que o seu compañeiro de SIT, Pérez apostou por esgotar todas as vías de axuste antes que aprobar un expediente.

XUBILACIÓN PARCIAL
Unha destas posibilidades sería a entrada en vigor de xubilacións parciais, un compromiso acordado en maio entre empresa e traballadores para o próximo 2011. Segundo explicou Pérez este método consistiría en promover a xubilación dos traballadores a partir de 61 anos e cubrir os seus postos de traballo con empregados temporais, de forma que lle aliviaría a carga para a empresa pero non se destruiría emprego.


Estamos a espera das declaracións do coordinador do automobil por parte da CIG, Henrique Perez, que a noso parecer serán nunha liña moi diferente a dos seus compañeiros do comité.

Vamos a trocar postos fijos por temporais?, estamos ante unha nova estratexia de PSA para recibir axudas do goberno?, e real a baixada da producción?

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...