30 nov. 2010

A CIG-metal convoca manifestación en prol dos convenios galegos

A Federación ten convocada unha xornada nacional de mobilización o 2 de decembro en contra da reforma laboral e a centralización en Madrid da negociación colectiva

A Federación do Metal da CIG ten convocada unha xornada nacional de mobilización de delegados e delegadas para este xoves, 2 de decembro, na cidade de A Coruña, en defensa da negociación dos convenios na Galiza. A manifestación enmárcase na campaña de resposta contra a reforma laboral e a pretendida reforma da negociación colectiva que está desenvolvendo a Confederación Intersindical Galega.

Antes da manifestación, os delegados/as da CIG-Metal participarán nunha asemblea que terá lugar no Centro Cívico de Os Mallos, de onde marcharán, ás 12:00 horas, até as portas da Confederación de Empresarios, baixo o lema “En Galiza, Convenios Galegos”.



Con esta protesta, a Federación do Metal da CIG quere manifestar o rexeitamento á reforma da negociación colectiva anunciada polo goberno e demandada pola gran patronal, que suporá a centralización da negociación dos convenios en Madrid, restando poder de decisión á clase obreira galega. “Queren negociar os convenios a nivel de cúpulas para impedir a participación das traballadoras e traballadores na negociación, non queren ter testemuñas molestas que lle remexan as súas conciencias, porque na CIG estamos convencidos que nestas negociacións se eliminarían dereitos que custaron moitos esforzos acadar”, denuncian.



A CIG-Metal acordou desenvolver esta xornada de mobilización en A Coruña, xa que a negociación do convenio provincial, ao igual que no caso de Lugo, está paralizada dende o pasado mes de xullo. Dende a Federación pediuse á patronal vontade negociadora, posto que durante as reunións da comisión mantívose inmóbil na súa proposta, mesmo logo de que a parte social rebaixara as súa plataformas.



Neste senso, apuntar que a Plataforma presentada pola CIG-Metal para o convenio de A Coruña recolle, entre outras demandas, unha vixencia de dous anos, indemnizacións dos contratos non indefinidos de 20 días por ano traballado, incremento salarial lineal de 560 euros por ano de vixencia, estabelecer un mínimo do 75% dos cadros de persoal fixos nas empresas, reducir a xornada anual até as 1.752 horas, ou regular as gardas e crear complementos específicos para estes servizos.

E moi importante que asistan o maior número de delegados/as posibels, xa que nos xogamos que os convenios se negocien en Madrid cos sindicatos estatais, no lugar de no noso pais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...