3 may. 2011

1º de Maio nas rúas de Vigo


A F.O.GA  o primeiro que quere facer é agradecer a todos os que participaron neste primeiro de maio baixo o lema "Polo reparto social da riqueza."

Para a fronte obreira  galega este non foi un lema escollido ao azar, a fronte cre que a repartición máis xusta da riqueza,(creada por "todos nós"), e posibel é ademais pode axudar o noso país a superar a crise na que sumerxironnos os mercados, a banca e cada vez máis os gobernos e os mal chamados "sindicatos" estatais.

Para a fronte obreira galega  este é un día moi sinalado polo que representa, posto que  tódolos seus membros son traballadores que fan a súa labor dende o seu posto de traballo.

 É por isto, por que estamos nas distintas fábricas oito horas tódolos días polo que podemos asegurar que é máis que convinte facer un reparto máis equitativo, seguindo sendo a clase obreira pero de ningunha das maneiras deixandonos converter como pretenden os enriba mencionados en escravos.





Viva a clase obreira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...