20 dic. 2011

Represión ideolóxica na C.I.G

A Fronte Obreira Galega  (F.O.Ga.) quere denunciar publicamente a campaña de represión e persecución interna  que esta padecendo nos últimos  tempos na Confederación Intersindical Galega (C.I.G.), e que se traduce en despedimentos de asalariados da central sindical, aperturas de expedientes, falla de respecto as minorias etc., polo simple feito de pensar diferente ou por pertencer a calqueira das correntes que non están integradas na "maioria sindical". A C.I.G. debe ser unha ferramenta que temos os traballadores e traballadoras galegos para defender os nosos intereses e os do noso País, e nela collemos todos e todas como foi sempre.
Chamamos a todolos afiliados e afiliadas defender a pluralidade e a democracia interna como valores fundamentales da central sindical como establecen os seus estatutos, valores que entendemos están en serio perigo hoxe.
Porque tamén somos C.I.G e queremos unha galiza Ceibe e sin explotación nin represión.

1 comentario:

  1. "ó paco"17/2/12 02:18

    hola chamome paco eu non me oculto como alguns cobardes gustariame ter mais informacion sobre vos e creo que calquera que intente monopolizar ideoloxicamente un sindicato ou no seu defecto un partido politico rematara con desfacer o que a moitos lle costou tanto traballo crear
    saudos o meu coleja carlitos

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...