12 mar. 2011

Nota de prensa da CUT perante a detención de dous traballadores en Vigo


Mércores 9 de marzo

















Perante a detención no día de hoxe pola Guardia Civil, dos traballadores Telmo Varela Fernández e José María Prado López, en Vigo,  a CUT quere facer pública a súa posición.

Primeiro: Hoxe, mércores 9 de marzo, foron detidos os compañeiros Telmo Varela Fernández e José María Prado López, ámbolos dous militantes deste sindicato e traballadores do Sector Naval de Vigo. Independentemente de que descoñecemos a razón técnica pola cal se procedeu ás detencións, para este sindicato está claro que se trata dunha redada represiva máis contra os traballadores e traballadoras, destinada a coartar a loita sindical coherente nunha conxuntura de fame e desemprego como a actual na persoa de dous compañeiros que se teñen destacado pola súa entrega na defensa dos dereitos dos traballadores.

Segundo: En previsión de calquera intoxicación ou fabulación que poida ser subministrada polos responsables destas detencións e que poidan facerse eco inmoral en calquera medio voceiro do réxime, queremos subliñar que a actividade destes compañeiros circunscríbese á loita sindical do Sector Naval en Vigo. Reiterar que calquera outra especulación está destinada a lexitimar as imputacións policiais para a condena dos traballadores detidos.

Executiva Comarcal da CUT


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...