26 dic. 2010

Mobilizacións dos traballadores de Recalvi Autos en Vigo

Os 20 traballadores da empresa viguesa Autos Recalvi, antiga Talleres Barreiro, comezaron o día 23 as mobilizacións de protesta pola presentación do concurso de acredores previo ao ERE extintivo que afectará a todo o plantel. Entre as 13.30 e as 15.30 horas, coincidindo co horario de comida, permaneceron concentrados na porta das instalacións na Avenida de Madrid para reclamar a recolocación ou o cobro de indemnizacións.



O concesionario Fiat xa lles comunicou que non cobrarán indemnizacións, nin o salario de decembro nin a extra correspondente.











No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...